A Universidade colabora en dous proxectos de I+D+i do programa “Tecnópole emprende”
Con investigacións sobre o cultivo da oliveira e a produción de viño sen alcohol
O fomento do cultivo de oliveiras en Galicia e a produción de viños sen alcohol son os dous proxecto innovadores cos que colabora a Universidade dentro do programa Tecnópole emprende.
Mediante esta iniciativa, posta en marcha polo Parque Tecnolóxico de Galicia, trátase de formar aos mozos emprendedores e darlles soporte á creación e consolidación das súas empresas de perfil innovador. Deste xeito foméntanse a posta en marcha de proxectos de I+D+i contando coa participación de tres emprendedores e cinco empresas que tomarán parte nas accións formativas que comezan este mércores. Ao longo dos meses de abril, maio e xuño, estes novos empresarios e investigadores recibirán varias sesións con formación personalizada para a elaboración do seu plan de negocio e optarán ao niño gratuítos no viveiro da Tecnópole durante os seis primeiros meses. Para completar a axuda que se lle prestará ás iniciativas seleccionadas, estas contarán con patrocinadores para o seu financiamento e para acceder de balde ao equipamento informático e ás plataformas de comercio electrónico.
Dous proxectos coa colaboración da Universidade
Dous dos tres proxectos emprendedores contan coa colaboración da Universidade de Vigo no eido da investigación. Por unha banda, a empresa Invatia Research céntrase no I+D+i aplicado ao cultivo da oliveira que se está establecendo na provincia de Ourense como alternativa á videira. Xunto coa Universidade de Vigo, a de Santiago, a Consellería de Medio Rural e as comunidades de montes porán en marcha un proxecto de investigación con varias liñas relacionadas con este cultivo e o seu futuro ante a problemática causada polas variacións en cultivos autóctonos a causa do cambio climático.Outra das achegas da Universidade está relacionada co desenvolvemento dun viño sen alcohol. Raisin D’Or é outra das novas iniciativas participantes neste proxecto que, xurdida dunha liña de investigación da empresa Tecnomiza, ten como obxectivo a comercialización de viño desalcolizado. Xunto coa USC e a Misión Biolóxica de Galicia, este proxecto aposta por enriquecer o caldo que se porá no mercado mediante polifenosis con efectos beneficiosos demostrados sobre a saúde.
Outros proxecto do programa “Tecnópole emprende”
Xunto con estas dúas iniciativas empresariais, no programa “Tecnópole emprende” participan outros proxecto e empresas. A terceira aposta emprendedora consiste en desenvolver unha pulseira con tecnoloxía bluetooth para facilitarlles a comunicación co seu contorno ás persoas con discapacidade auditiva.Ademais, outras cinco empresas participantes no programa serán formadas na validación da súa estratexia empresarial ou de novas liñas de negocio.