Universidade e concello de Gondomar estreitan lazos coa sinatura dun convenio
Ambas institucións realizarán actividades e proxectos de forma conxunta
Regular a colaboración entre a Universidade de Vigo e o Concello de Gondomar é o obxectivo do convenio que asinaron este mércores na Reitoría Alberto Gago, reitor da Universidade, e Xosé Antonio Araújo, alcalde de Gondomar.
O propósito deste convenio de colaboración é realizar actividades e proxectos en forma conxunta en todo tipo de asuntos que resulten de interese para ambas institucións, tanto proxectos de investigación, como a organización e realización de todo tipo de actividades académicas, como cursos, relatorios, simposios e seminarios.
O intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos culturais de interese común, a mobilidade de estudantes e de persoal docente, o apoio a investigadores e estudantes e o intercambio de publicacións, traballos de investigación e de calquera tipo de materiais académicos que resulten de interese son outros dos aspectos que se realizaran ao abeiro deste documento.
A duración inicial do convenio é de catro anos, se ben pode ser renovado tacitamente de non manifestarse en contra ningunha das partes.