DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No transcurso da sesión presentarase o Grupo GyA

Universidades e axencias reflexionarán este mércores en Vigo sobre os sistemas de garantía interna da calidade

No edificio Miralles

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
Mª del Carmen Echevarría DUVI 10/12/2007

Persoal adscrito ás unidades ténicas de calidade e a axencias de calidade españolas, participarán este mércores no Edificio Miralles do campus universitario de Vigo na Xornada de Reflexión sobre os Sistemas de Garantía Interna da Calidade, na que ademais de presentarse o Grupo GyA (Garantía e Acreditación), analizaranse diferentes procedementos dos Sistemas de Garantía Interna da Calidade elaborados por diferentes universidades e axencias de calidade.
O Grupo GyA, constituido en xullo de 2007, está integrado por sete unidades técnicas de calidade de universidades españolas, entre elas a de Vigo, coa finalidade de facilitar ferramentas e pautas que axuden ás institucións académicas a cumprir coa introducción de Sistemas Internos de Garantía de Calidade nas titulacións, nos centros e facultades e na Universidade no seu conxunto.
Para cumplir este obxectivo elabouse un manual del Sistema de Garantía Interna da Calidade, que será debatido na xornada que este mércores terá lugar no edificio Miralles. A directora da Área de Programas de Calidade da Universidade de Vigo, Ángeles Cancela, considera "moi importante que a nosa Universidade participe no traballo que desenvolve o Grupo Gya, xunto coas universidade de A Coruña, Santiago, Cádiz, Murcia, Politécnica de Cataluña e Valencia". Precisamente representantes destas institucións estarán presentes na xornada do mércores, na que se evaluarán os sistemas de calidade desenvolvidos por axencias como a ANECA ou a ACSUG.

O programa AUDIT

Entre os obxectivos do Grupo GyA está o de analizar os diferentes elementos que constitúen o programa AUDIT, presentado en xuño deste ano pola ANECA, a ACSUG e a AQUCatalunya, e que ten a finalidade de facilitarlles aos centros, orientacións para o deseño de sistemas de garantía interna de calidade do ensino que imparten, e poñer en práctica un procedemento que conduza ao recoñecemento do deseño deses sistemas, por parte das axencias de garantía externa de calidade.
Con este programa preténdese orientar o deseño dos Sistemas de Garantía Interna de Calidade, cos que deben contar as universidades para garantir no marco do Espazo Europeo de Educacion Superior, o cumprimento nas súas actuacións dos obxectivos asociados ás ensinanzas que imparten.

A xornada

A Xornada de Reflexión sobre os Sistemas de Garantía Interna da Calidade, será inaugurada polo vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade, Anxo Sánchez, para a continuación procederse á presntación do Grupo Gya. A xornada continuará cun debate do manual e procedementos elaborados por este grupo e concluirá coa presentación e manuais dos sistemas de garantía interna da calidade, por parte doutras unidades técnicas de universidades ou axencias de calidade.