DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os conselleiros de Educación e de Facenda reuníronse este mércores cos tres reitores

A UVigo recibirá da Xunta 6,2 millóns de euros para a contración de 64 docentes axudantes doutores

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Reitor
  • Institucional
DUVI 23/10/2024

A Universidade de Vigo recibirá da Xunta de Galicia máis de 6,2 millóns de euros para sufragar parte da contratación de 64 axudantes doutores, segundo informaron este mércores os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez. e de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, aos reitores das tres universidades galegas: Manuel Reigosa, da Universidade de Vigo;  Antonio López, da de Santiago de Compostela, e Ricardo Cao, da Coruña.

Segundo explicaron os representantes da Xunta, o Goberno galego vai inxectar ás tres universidades públicas galegas máis de 16M€ para poder facer fronte á contratación dos 166 profesores axudantes doutores que lles impón o Ministerio de Ciencia, sendo a UVigo a institución máis beneficiada con 64 prazas, seguida da Universidade de Santiago de Compostela con 53 prazas -o que supón 5,2 millóns de euros-, e a da Coruña con 49  -4,7 millóns de euros-.

O acordo materializarase na sinatura dun convenio entre Xunta, cada unha das universidades e o Ministerio e, tal e como recalcaron dende a administración autonómica, as universidades poderán crear as prazas ata a fin do curso 2027/2028, de maneira que dispoñan do tempo suficiente para publicar as correspondentes convocatorias.