Unánime respaldo de todas as forzas vivas á candidatura viguesa
Vigo camiña unida cara a consecución da Universiada 2013
Presentado o logo da candidatura
Nun acto conducido polo actor Carlos Blanco e que contou coa presenza dunha amplia representación dos sectores político, económico, social, académico, deportivo e cultural de Vigo, fíxose público a imaxe coa que Vigo defenderá a súa candidatura para acoller a celebración da Universiada no ano 2013. Un logotipo no que unha onda de mar, funde o U co V, será o que represente a imaxe de Vigo 2013 nun camiño cara a consecución da Universiada que terá a súa primeira parada o vindeiro mes de marzo cando se determine cal das candidatas españolas, Vigo ou Murcia, continuará adiante nunha competencia, xa internacional.
Representantes do Concello, Universidade e Xunta de Galicia manifestaron publicamente, no acto celebrado no Auditorio do Centro Social Caixanova, o seu compromiso coa candidatura viguesa que horas antes fora presentada ante o Consello Superior de Deportes.
Pola súa banda o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, expresou o apoio incondicional da institución que preside á candidatura viguesa xa que a Universiada " axudaría a pechar definitivamente ese oco que existe entre cidade e campus". O reitor que destacou o impacto que a celebración destas olimpíadas universitarias terían para a cidade, incidiu nesta liña na "importante herdanza que suporía para a cidade en instalacións deportivas, urbanas e residenciais".
En sustitución da conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, que non puido asistir por problemas de saúde, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, asegurou que "en Vigo temos un reto importante para o deporte, e para que Galicia teña unha oportunidade de proxección internacional". Souto que expresou o seu desexo de que Vigo acolla a Universiada, afirmou que "a cidade conta cun importante compañeiro como é a Universidade que xa demostrou o seu ben facer".
O último en tomar a palabra, antes da presentación da imaxe corporativa, foi o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que manifestou o seu convencemento en que a cidade logrará o seu obxectivo. "Contamos con todo o necesario para albergar a 11.000 deportistas", afirmou o alcalde que tamén destacou a implicación de todas as institucións neste proxecto que "permitirá á cidade dar un paso de xigante".
Representantes do Concello, Universidade e Xunta de Galicia manifestaron publicamente, no acto celebrado no Auditorio do Centro Social Caixanova, o seu compromiso coa candidatura viguesa que horas antes fora presentada ante o Consello Superior de Deportes.
Compromiso e convencemento
Complementadas por vídeos nos que se poñía de manifesto, por unha banda, a importancia do evento deportivo que Vigo opta a organizar e pola outra, ás potencialidades da propia cidade, sucedéronse as intervencións dos representantes de Concello, Universidade e Xunta de Galicia que unanimemente coincidiron en sinalar as grandes posibilidades coas que a cidade conta para ser escenario da Universiada 2013. Santiago Domínguez Olveira, tenente de alcalde do Concello de Vigo asegurou que "o camiño que hoxe comezamos é complicado, pero non hai peor xestión que a que non se intenta". Domínguez Olveira que considera que a aposta pola Universiada leva dentro o espírito da cidade de Vigo "que non se rende nunca e que ten homes e mulleres sen parangón", tamén afirmou que " que se fale de Vigo como candidata tennos que facer crer nas nosas posibilidades".Pola súa banda o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, expresou o apoio incondicional da institución que preside á candidatura viguesa xa que a Universiada " axudaría a pechar definitivamente ese oco que existe entre cidade e campus". O reitor que destacou o impacto que a celebración destas olimpíadas universitarias terían para a cidade, incidiu nesta liña na "importante herdanza que suporía para a cidade en instalacións deportivas, urbanas e residenciais".