A Xunta e as tres universidades galegas emprenden o proceso de dixitalización da CRTVG
O proxecto custará preto de 6 millóns de euros e estará acabado en 2010
A Xunta, as tres universidades galegas e a CRTVG asinaron este martes un convenio de colaboración para a renovación tecnolóxica das instalacións da Compañía de Radio Televisión de Galicia e das súas sociedades, Televisión de Galicia S.A. e Radiotelevisión de Galicia S.A., “o proxecto máis ambicioso da comunidade autónoma no ámbito audiovisual”, en palabras do reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago.
O obxecto deste convenio, asinado nas instalacións da CRTVG en San Marcos, é favorecer a dixitalización dos medios de comunicación públicos de Galicia, así como daqueles outros organismos da Xunta de Galicia que dispoñen de importantes fondos audiovisuais por dixitalizar.
O responsable da CRTVG, Benigno Sánchez, explicou que nun prazo de nove meses esperan ter delimitado o proceso e considerou que 2010 é un horizonte “razoable” para ter finalizado a dixitalización, que terá un custe de “entorno a seis millóns de euros”.
O reitor de Vigo, Alberto Gago, quixo destacar a este respecto a importancia da colaboración das universidades porque amosa o espírito cooperativo e de utilidade social. Nesta liña o seu homólogo compostelán, Senén Barro, apuntou que a experiencia será moi produtiva tamén para as institucións académicas, xa que actuando como “consultores tecnolóxicos” poderán “recibir tanto como aportan”.
Pola súa banda, José Mª Barja, reitor da Universidade de Coruña, destacou tamén as vantaxes de colaboración e recoñeceu que para as universidades representa “un reto”.
Neste sentido o conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, apuntou que “o proceso levará o seu tempo e o financiamento será importante”, aínda que considerou que é un “cambio necesario” e destacou que a dixitalización “é un salto imprescindible para a mellor marcha da CRTVG”.
Pola súa parte, a titular de Cultura, Ánxela Bugallo, salientou que a dixitalización dos medios públicos e daqueles organismos da Xunta que dispoñen de importantes fondos audiovisuais representa “un paso máis no proceso de dixitalización cultural e de incorporación da cultura galega á sociedade da información”.
Tamén o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, resaltou a importancia do proceso, “o desafío máis relevante que asume a CRTVG desde a súa creación”.
O obxecto deste convenio, asinado nas instalacións da CRTVG en San Marcos, é favorecer a dixitalización dos medios de comunicación públicos de Galicia, así como daqueles outros organismos da Xunta de Galicia que dispoñen de importantes fondos audiovisuais por dixitalizar.
O responsable da CRTVG, Benigno Sánchez, explicou que nun prazo de nove meses esperan ter delimitado o proceso e considerou que 2010 é un horizonte “razoable” para ter finalizado a dixitalización, que terá un custe de “entorno a seis millóns de euros”.
Compromiso común
Segundo este acordo as tres universidades galegas comprométense a colaborar nos procesos de formación e actualización tecnolóxica do persoal da CRTVG vinculado ao proceso de dixitalización, así como a contribuír á formación de consorcios de I+D+i e participar na realización de proxectos específicos relacionados coa dixitalización da CRTVG e as súas sociedades.O reitor de Vigo, Alberto Gago, quixo destacar a este respecto a importancia da colaboración das universidades porque amosa o espírito cooperativo e de utilidade social. Nesta liña o seu homólogo compostelán, Senén Barro, apuntou que a experiencia será moi produtiva tamén para as institucións académicas, xa que actuando como “consultores tecnolóxicos” poderán “recibir tanto como aportan”.
Pola súa banda, José Mª Barja, reitor da Universidade de Coruña, destacou tamén as vantaxes de colaboración e recoñeceu que para as universidades representa “un reto”.
Un cambio necesario
A Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e mediante a colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia, Cesga, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, e a Plataforma Tecnolóxica das TIC, comprometeuse a dar soporte de I+D+i en tecnoloxías avanzadas de busca e personalización de contidos, así como en tecnoloxías de xeración, transporte, distribución e difusión de contidos dixitais, colaborando na súa implantación.Neste sentido o conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, apuntou que “o proceso levará o seu tempo e o financiamento será importante”, aínda que considerou que é un “cambio necesario” e destacou que a dixitalización “é un salto imprescindible para a mellor marcha da CRTVG”.