Despois de pór en marcha unha aula de teatro, aberta tanto á comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía, e da recuperación en 2022 da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra, o campus contará tamén coa súa propia agrupación teatral.
“Se existe unha verdade universal é aquela que manifesta que as mulleres-a metade da humanidade-, se teñen encargado moi maioritariamente dos coidados e da crianza da proxenie, así como do fogar onde crecen".
José Antonio Fernández Romero foi un dos grandes referentes nacionais en estudos nórdicos e un moi querido e lembrado docente de lingua española na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade da Vigo. Trala súa morte en 2011, o profesor legou boa parte da súa colección bibliográfica á institución académica, un patrimonio que agora se quere poñer en valor a través da exposición Última Tule.
O campus de Ourense acolleu este martes a apertura do proxecto Axenda 2030. Plan de localización dos ODS en oito municipios do rural ourensán. A iniciativa, financiada polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, está liderada polo Concello de San Xoán de Río.
A Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, chega a súa 27 edición coa posta en escena, a partir deste mércores 23 de abril, de cinco obras a cargo doutras tantas compañías galegas e internacionais.
Organizada polo Concello de Pontevedra, coa colaboración da Facultade de Belas Artes, a exposición Fotosensíbeis achegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra un conxunto de fotografías realizadas ao longo de preto de tres décadas por alumnos e alumnas de Belas Artes.
Na semana na que se celebra o Día do Libro as actividades culturais rebolen en cada recuncho da Facultade de Filoloxía e Tradución. Na véspera desta data, o 23 de abril, o centro acolleu toda unha serie de actividades con algúns dos novos valores que agroman nas letras galegas: Tamara Andrés, Lara Dopazo, Jorge Rodríguez Durán e Valentina Marta Rodríguez.
Co nihilismo como eixe temático, este luns botaba a andar no Teatro Principal de Pontevedra a XLI Semana Galega de Filosofía, un congreso promovido pola Aula Castelao de Filosofía, co apoio da Universidade de Vigo, o Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.
O Congreso Internacional de Economía Social, Eescoop, regresará a Galicia no mes de xuño e celebrarase concretamente na illa de San Simón os días 12 e 13, organizado pola Facultade Comercio da Universidade de Vigo.
A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) acaba de conceder ás universidades de Vigo e León a patente dun sistema de avaliación do equilibrio dinámico e do risco de caídas durante a marcha en persoas maiores e adultos.
Colleitar datos sobre o clima, a temperatura, a humidade e a biodiversidade da selva amazónica e da sabana brasileira, achegando información crucial para a xestión e conservación destes ecosistemas é a finalidade da misión Perceive, un proxecto no que participan as universidades de Vigo e Brasilia e a empresa Alén Space.
Profesora da Academia de Belas Artes e Deseño de Katowice, Weronica Siupka propón un percorrido gráfico pola rexión polaca de Silesia na exposición que nestes días pode visitarse na Sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes.
A Universidade de Vigo coordina este curso académico dous proxectos EU-FORA, programa de formación da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) sobre a avaliación de risco alimentario. Trátase dos proxectos AlgaeSafe, centrado en aditivos funcionais derivados de algas, e Innov2Safety, de avaliación do risco de substituír os conservantes sintéticos por ingredientes naturais.
Promover unha “rede de bosques atlánticos” a través da implicación de empresas e institucións que contribúan a financiar a preservación e recuperación de diferentes masas arbóreas é o obxectivo dunha liña de traballo impulsada polo investigador do Observatorio da Gobernanza G3 Óscar Briones.
No marco das actividades da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, hai un ano vía a luz o primeiro número da revista Gender on Digital. Journal of Digital Feminism, unha publicación que ten como finalidade difundir coñecemento científico, crítico e feminista, sobre os riscos éticos da transformación tecnolóxica.