DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Uxia Romero e Valentina Marcuello  acadaron cadanseu metal en -69kg

A UVigo estréase nos campionatos de España Universitarios cun ouro e un bronce en halterofilia

A institución viguesa rematou cuarta na clasificación por universidades

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 05/03/2025

Un ouro e un bronce en -69 kg e un cuarto posto en -58 kg foi o balance acadado pola Universidade de Vigo no primeiro dos campionatos de España Universitarios 2025, o de halterofilia. Organizado pola Universidad Politécnica de Cartagena no pavillón municipal San Antón, a cita reuniu a 106 levantadoras e levantadores dunha trintena de universidades españolas.

A representación da UVigo estivo formada por Uxia Romeo Saco, Valentina Marcuello Chuchaykina e Lucía Aguayo Santos, baixo a dirección do adestrador do Club Halterofilia Ourense, Miguel Gómez. Na categoría de -69 kg, a estudante do Grao en Enfermaría do campus de Ourense, Uxía Romero, e a estudante do Grao en Enxeñaría Biomédica, Valentina Marcuello acadaron as medallas de ouro e bronce, respectivamente. Pola súa banda, a estudante do Grao en Enxeñaría Mecánica  Lucía Aguayo logrou a cuarta posición en -58 kg.

No global da clasificación por universidades, a UVigo situouse na cuarta posición.