Uxia Romero e Valentina Marcuello acadaron cadanseu metal en -69kg
A UVigo estréase nos campionatos de España Universitarios cun ouro e un bronce en halterofilia
A institución viguesa rematou cuarta na clasificación por universidades
Un ouro e un bronce en -69 kg e un cuarto posto en -58 kg foi o balance acadado pola Universidade de Vigo no primeiro dos campionatos de España Universitarios 2025, o de halterofilia. Organizado pola Universidad Politécnica de Cartagena no pavillón municipal San Antón, a cita reuniu a 106 levantadoras e levantadores dunha trintena de universidades españolas.
A representación da UVigo estivo formada por Uxia Romeo Saco, Valentina Marcuello Chuchaykina e Lucía Aguayo Santos, baixo a dirección do adestrador do Club Halterofilia Ourense, Miguel Gómez. Na categoría de -69 kg, a estudante do Grao en Enfermaría do campus de Ourense, Uxía Romero, e a estudante do Grao en Enxeñaría Biomédica, Valentina Marcuello acadaron as medallas de ouro e bronce, respectivamente. Pola súa banda, a estudante do Grao en Enxeñaría Mecánica Lucía Aguayo logrou a cuarta posición en -58 kg.
No global da clasificación por universidades, a UVigo situouse na cuarta posición.