Academic Organisation and Teaching Staff Commission
This content is currently not available in English
Funcións
- Estudar os asuntos referentes á coordinación de campus e centros adscritos á universidade.
- Informar sobre a constitución, creación, desenvolvemento, modificación e supresión dos departamentos.
- Informar sobre a viabilidade académica das propostas dos plans de estudos e titulacións de grao oficiais, para a súa homologación, validación e implantación, con anterioridade ao seu estudo polo Consello de Goberno.
- Informar a aprobación, coordinación e desenvolvemento dos ensinos conducentes a titulacións propias da Universidade de Vigo.
- Propoñer os criterios de resolución de solicitudes de validación de estudos en centros desta ou doutras universidades.
- Informar da oferta anual de prazas (límite de prazas).
- Informar das propostas de organización docente da universidade.
- Estudar e coordinar a oferta educativa anual de materias optativas e de libre elección, así como o estudo da aceptación de cada unha delas por parte do estudantado.
- Estudar e informar das propostas feitas polos departamentos e centros relativas á creación, renovación e mantemento dos obradoiros e laboratorios docentes.
- Velar por unha dotación adecuada de prazas de profesorado.
- Informar das peticións dos departamentos en relación coas novas prazas e contratos de profesorado.
- Informar das normas xerais de actuación das comisións para xulgar as prazas de profesorado interino, contratado e axudante, antes da súa aprobación polo Consello de Goberno.
- Informar das propostas de nomeamento de profesorado emérito feitas polos departamentos, así como a revisión da prórroga destes nomeamentos.
- Informar das propostas de contratación de profesorado lector como parte do persoal dos departamentos nas áreas de coñecemento de linguas modernas ou estranxeiras.
- Informar da proposta do cadro do persoal docente e investigador.
- Organizar e realizar o seguimento da avaliación anual da actividade docente.
- Propor os programas de formación do profesorado necesarios e todas aquelas accións encamiñadas a elevar a calidade da docencia.
- Informar da creación, modificación ou supresión de centros.
- Facer o seguimento da avaliación institucional a través dos diferentes programas nos que participe a universidade que sexan da súa competencia.
- Informar dos proxectos de regulamentos e normativa da súa área de competencia, así como actualizar e/ou modificar as normativas de xestión académica e de permanencia e avaliación curricular de ser o caso.
Composición
Membros natos
- Martín López Nores
Vicerreitor de Profesorado e Ordenación Académica - Alfonso Lago Ferreiro
Vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente
PDI
- Xosé Manuel Cid Fernández
- José Francisco Montero Reguera
- M.ª Ángeles Peña Gallego
- Juan Picos Martín
- M.ª Consuelo Currás Valle
PAS
- Carlos Mollinedo Lois
Estudantado
- Ruth Davila Segade
- Uxía Pérez García
Consello Social
- Elvira Larriba Leira
Organizacións sindicais
- Marta M.ª Pazos Currás
- Luis Pérez Gómez
- M.ª José Ríos Santomé
- Miguel Cuevas Alonso
Acordos e actas
De seguido pódense consultar os acordos e as actas das reunións da COAP: