Nas modalidades de fútbol masculino, fútbol sala masculino e voleibol mixto
Arredor de 150 deportistas da UVigo participan en Ourense no torneo Intercampus
Os equipos gañadores representará á institución académica no campionato galego universitario
O campus de Ourense acolle este xoves a celebración do torneo Intercampus, fase final das Ligas Universitarias de deportes colectivos da UVigo. Nel compiten os equipos gañadores das ligas de fútbol masculino, fútbol sala masculino e voleibol mixto dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo. En total, participan arredor de 150 deportistas da institución académica acompañados por persoal da Área de Benestar, Saúde e Deporte. A programación desenvólvese tanto no pavillón universitario coma no campo de fútbol rugby. Alén de xogo e competición, a cita tamén lle permite ao alumnado participante dos tres campus compartir unha xornada de convivencia. Os equipos gañadores en cada modalidade representarán á Universidade de Vigo no Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos.