Unha paixón astronómica compartida por un lagarto, Lorenzo, e un neno, Mateo, durante unhas vacacións de verán. Este é punto de partida de Desde el jardín, las estrellas, un libro que abre unha fiestra infinita ao universo, ao ceo, ás estrelas. A obra que Ana Ulla, catedrática de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo, publicou inicialmente en 2015, acaba de saír de novo do prelo da man do Servizo de Publicacións da UVigo cunha edición anotada con propostas de actividades e lecturas.
26/07/2024