No marco das actividades relacionadas co 8M, a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu este xoves unha xornada sobre novas perspectivas feministas centrada no papel da muller galegofalante nas redes sociais. Esta iniciativa, impulsada por dúas estudantes de 4º curso do Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española, Sara Castro e Silvia Trabazos, tiña como obxectivo dar a coñecer o labor das mulleres no medio dixital. Para iso contaron coa creadora de contidos @todomalva gz.
13/03/2025