Construír unha hélice de ADN con gominolas, aprender o que é a bioxeografía nun xogo de supervivencia, coñecer os organismos que viven nos solos nunha piscina de bolas ou observar dispositivos biomédicos e maquetas de pequenos satélites a escala real. Estas son algunhas das propostas que a Universidade de Vigo despregou este venres na praza de Ferraría de Pontevedra, na expo-feira A ciencia que vén.
31/05/2024