O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, afonda neste artigo de opinión nalgunhas das principais razóns polas que universidade e empresa deben relacionarse e complementarse. A axuda aos estudantes no acceso ao mercado laboral, así como a adecuación dos traballos de investigación ás necesidades reais das empresas, son para o presidente da patronal pontevedresa os maiores retos que deben afrontar empresarios e universidade, desde dúas institucións que afirma "son conscientes da necesidade de estreitar, cada día máis, os seus lazos de colaboración". O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, tamén indice, neste artigo de opinión no DUVI na necesidade de invertir na formación, tanto universitaria como profesional dos estudantes, como unha gran aposta "por un importantísimo activo humano antes de que se produza a incorporación ao mercado laboral".
17/10/2007