Cun aforo case completo, a Casa das Campás abriu a súa programación de primavera co ciclo de cine A ollada moderna, un monográfico sobre o realizador alemán Alexander Kluge. A presentación do evento veu da man do vicerreitor do campus de Pontevedra, Jesús Hernández, quen amosou a súa satisfacción por este tipo de iniciativas que “van dirixidas a un público específico, a unha minoría”. Baixo a dirección do profesional Suso Novás, os asistentes puideron escoitar unha clase maxistral sobre a industria cinematográfica na Alemaña da segunda metade do século XX, antes de ver o primeiro dos nove filmes que se proxectarán ao longo de todo o programa.
12/03/2008