A falta de pechar o último prazo de matrícula
Cun significativo aumento nas matrículas de primeiro, a Universidade emprende o curso 2007/08 con 20.315 estudantes
Máis de 6000 alumnos están matriculados nas enxeñarías
A falta de pechar o último prazo de matrícula, a UVigo emprende o novo curso con 20.315 alumnos matriculados, 12.136 en Vigo, 4712 en Ourense e 3467 en Pontevedra. Esta cifra, correspondente aos alumnos de primeiro e segundo ciclo, confirma unha tendencia á recuperación tras os descensos dos últimos cursos derivados da caída poboacional no tramo de idade que se incorpora aos estudos universitarios.
Un dos datos que confirma este progresivo repunte é o incremento de alumnos matriculados en primeiro no campus de Vigo, que pasou de 2247 no curso 06/07 a 2264 no 07/08, sendo as máis beneficiadas titulacións como Química que pasou de 21 matriculados en primeiro curso a 38, Enxeñaría Técnica de Sistemas de Telecomunicación de 39 a 58, Ciencias Empresariais de 206 a 221 ou Dirección de Administración e Dirección de Empresas que este curso alcanzou 213 estudantes en primeiro.
No campus de Ourense, a modalidade de Mestre en Educación Infantil foi a que tivo un incremento máis notorio, pasando de 71 alumnos matriculados en primeiro a 146. Outra das especialidades de mestre, Lingua Estranxeira, pasou de 27 a 40, Turismo de 50 a 63 ou Ciencias Empresariais de 175 a 185.
En Pontevedra as cifras de alumnos que este curso se incorporan ás aulas universitarias son moi similares as do ano anterior, se ben son varias as titulacións que incrementaron lixeiramente o número de estudantes matriculados en primeiro curso: Enfermería, de 51 a 57; Ciencias da Actividade Física e do Deporte, de 81 a 85; Mestre en Educación Primaria, de 87 a 90; Comunicación Audiovisual, de 41 a 44; Publicidade e Relacións Públicas, de 103 a 106, e Enxeñaría Técnica Forestal de 52 a 53.
Facultades e escolas de Ciencias Económicas e Empresariais copan tamén un importante número de alumnos, chegando a preto de 4000: 1606 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo, 1092 na EU de Ciencias Empresariais e 1132 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.
As diferentes especialidades acollidas nas facultades de Ciencias de Educación son outra das opcións predominantes entre o alumnado, acollendo a matrícula de máis de tres mil estudantes: 1529 en Ourense, 1454 en Pontevedra e 279 en Vigo.
O ámbito científico tecnolóxico segue sendo maioritariamente masculino, se ben hai titulacións como Química, cun 64,8% de mulleres, ou Ciencias do Mar, cun 66%.
O 93 por cento do alumnado é español e, entre o 7% restantes hai representantes de ata preto de 50 nacionalidades dos cinco continentes: países europeos (Alemaña, Austria, Italia, Gran Bretaña...), africanos (Marrocos, Mozambique, Papua Nova Guinea...), americanos (Chile, Colombia, Estados Unidos...), asiáticos (China, Filipinas, Arabia Saudí...) ou Australia.
Un dos datos que confirma este progresivo repunte é o incremento de alumnos matriculados en primeiro no campus de Vigo, que pasou de 2247 no curso 06/07 a 2264 no 07/08, sendo as máis beneficiadas titulacións como Química que pasou de 21 matriculados en primeiro curso a 38, Enxeñaría Técnica de Sistemas de Telecomunicación de 39 a 58, Ciencias Empresariais de 206 a 221 ou Dirección de Administración e Dirección de Empresas que este curso alcanzou 213 estudantes en primeiro.
No campus de Ourense, a modalidade de Mestre en Educación Infantil foi a que tivo un incremento máis notorio, pasando de 71 alumnos matriculados en primeiro a 146. Outra das especialidades de mestre, Lingua Estranxeira, pasou de 27 a 40, Turismo de 50 a 63 ou Ciencias Empresariais de 175 a 185.
En Pontevedra as cifras de alumnos que este curso se incorporan ás aulas universitarias son moi similares as do ano anterior, se ben son varias as titulacións que incrementaron lixeiramente o número de estudantes matriculados en primeiro curso: Enfermería, de 51 a 57; Ciencias da Actividade Física e do Deporte, de 81 a 85; Mestre en Educación Primaria, de 87 a 90; Comunicación Audiovisual, de 41 a 44; Publicidade e Relacións Públicas, de 103 a 106, e Enxeñaría Técnica Forestal de 52 a 53.
Máis de 6000 futuros enxeñeiros
As escolas de enxeñaría, tanto técnica como superior, da UVigo teñen matriculados este curso a 6517 estudantes: 2074 na E.U. Enxeñaría Técnica Industrial, 1778 na ETS de Enxeñeiros Industriais, 1296 na ETSE de Telecomunicación, 764 na ESE de Informática, 391 na ETSE de Minas e 214 na EUET Forestal.Facultades e escolas de Ciencias Económicas e Empresariais copan tamén un importante número de alumnos, chegando a preto de 4000: 1606 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo, 1092 na EU de Ciencias Empresariais e 1132 na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.
As diferentes especialidades acollidas nas facultades de Ciencias de Educación son outra das opcións predominantes entre o alumnado, acollendo a matrícula de máis de tres mil estudantes: 1529 en Ourense, 1454 en Pontevedra e 279 en Vigo.
Destacada presenza de mulleres e alumnos estranxeiros
Dos 20.315 alumnos matriculados, o 54% son mulleres, unha tónica que se ven repetindo nos últimos cursos. Seguen sendo maioría nas escolas de Enfermaría e en titulacións relacionadas co maxisterio, no caso da facultades de Ciencias da Educación de Ourense e Filoloxía e Tradución de Vigo representan en ambos casos o 81% do alumnado.O ámbito científico tecnolóxico segue sendo maioritariamente masculino, se ben hai titulacións como Química, cun 64,8% de mulleres, ou Ciencias do Mar, cun 66%.