DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na xuntanza co alcalde participaron as vicerreitoras Belén Rubio e Natalia Caparrini

Universidade e Concello reúnense para avanzar na organización do evento Megabau 2025

No acto entregaranse os premios aos mellores expedientes da Abau

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Visitas
  • Institucional
DUVI 24/07/2024

Este mércores o alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse coas vicerreitoras de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, e de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, para comezar a preparar a celebración da Megabau 2025. Este evento, organizado polas tres universidades galegas, ten como finalidade entregar os premios aos alumnos e alumas que acaden os mellores expedientes da Abau de cada ano.

A celebración, que ten carácter rotatorio, terá lugar o vindeiro curso en Vigo e dende o Concello, explicaba Caballero, “ofrecemos toda a nosa colaboración e apoiaremos a organización" deste recoñecemento que se fai aos estudantes que acadaron os mellores resultados nas Probas Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade. 

Neste 2024 a organización correu a cargo da Universidade da Coruña, que reuniu o 21 de xuño no Coliseum da cidade herculina a 4000 persoas nun acto no que recibiron as súas distincións os 1086 alumnos e alumnas acadaron un nota de 9 ou superior. Dado o elevado número de asistentes, o primeiro reto da UVigo para a edición de 2025 será a busca do espazo para o evento.