Celebrouse ao longo desta semana en Toulouse
A UVigo participa na feira da European Association for International Education
Con Maribel del Pozo, vicerreitora de Internacionalización, e o director de área Iago Pozo
Este venres péchase a participación da Universidade de Vigo na feira anual da European Association for International Education (EAIE) que se está a celebrar na cidade francesa de Toulouse dende o martes.
Este evento, ao que asisten máis de 6000 persoas, é o punto de encontro de profesionais da internacionalización que acoden dende todo o mundo para explorar novas oportunidades de colaboración, promocionar as súas institucións e renovar acordos cos seus parceiros, no medio dun variado programa de actividades deseñadas para impulsar o networking. Na cita deste ano a UVigo, que compartiu espazo coas outras dúas universidades galegas, estivo representada por Maribel del Pozo, vicerreitora de Internacionalización, e Iago Pozo, director da Área de Promoción da Internacionalización.