DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A actividade tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Unhas xornadas analizan os mecanismos temporais de regulación de emprego

Nelas abordouse o papel dos ERTE para a sostibilidade empresarial ante situacións sobrevidas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Congresos e xornadas
  • Investigación
  • Académica
DUVI Ourense 19/11/2024

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu este martes a celebración da xornada de transferencia Análise de mecanismos temporais de regulación de emprego. A sostibilidade empresarial como obxectivo. A actividade tivo como obxectivo achegar ao alumnado do centro e da Facultade de Dereito o papel dos ERTE como instrumento "non só para garantir o emprego das persoas traballadoras senón tamén para que as empresas que se atopan nunha mala situación sobrevida por causas non imputables ao seu propio comportamento, poidan seguir operando e logo retomar novamente o seu funcionamiento normal".

A actividade, coordinada polas profesoras María Montserrat Cruz e Elena Rivo coa colaboración de Alberto Vaquero, enmárcase na programación do proxecto Adaptación e mantemento de emprego no novo ecosistema produtivo, liderado polo catedrático da UVigo Jaime Cabeza. Está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación para o período 2022-2025 e conta coa participación de especialistas de Dereito do Traballo e a Seguridade Social e a colaboración de persoal investigador dos departamentos de Organización de Empresas e Márketing e Economía Aplicada, entre eles María Montserrat Cruz e Alberto Vaquero. Esta multidisciplinariedade permite que unha das liñas de investigación que se desenvolve ao seu abeiro sexa unha triple aproximación (xurídica/empresarial e económica) á temática elixida.

Ademais de Elena Rivo e Montserrat Cruz, na sesión interviron Juan Carlos Blanco, subdirector provincial de Xestión Recaudatoria, da Tesourería Xeral da Seguridade Social, e David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense.