
Medio ambiente
A Oficina de Medio Ambiente (OMA) é o servizo responsable da política ambiental da Universidade de Vigo
Entre as súas funcións atópanse as seguintes:
- Asesorar a comunidade universitaria en temas relacionados co medio natural.
- Intervir nas actuacións que poidan afectar negativamente ás condicións e compoñentes ambientais da universidade.
- Promover e coordinar calquera acción encamiñada a aumentar a calidade de vida nos diferentes campus, mediante o equilibrio da relación entre as persoas e o medio.
Sensibilización e educación ambiental
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo (OMA) promove a sensibilización e a educación ambiental a partir de programas educativos, itinerarios ambientais e outros labores semellantes.
Unha das actividades máis recurrentes é a realización de rutas ambientais polo campus de Vigo para os nenos e as nenas dos colexios que así o soliciten. Estas rutas están pensadas para convivir coa natureza nunha contorna propicia para iso. En segundo lugar, desde a OMA realízanse rutas polo campus de Vigo e polo campus de Ourense co fin de que calquera persoa interesada poida realizalas. En terceiro lugar, a OMA leva a cabo campañas específicas de concienciación e sensibilización nas que trata de involucrar á maior cantidade de xente posible. Para lograr este fin, a OMA organiza diversos eventos ao longo do ano, en especial coas celebracións anuais relacionadas coa sostibilidade e a natureza.
Queres solicitar unha visita para o teu colexio?
Chámanos ao +34 986 813 883
ou escríbenos no enderezo oma2@uvigo.gal