Tarxeta universitaria
O teu pasaporte como persoa da comunidade universitaria UVigo para poder gozar de múltiples vantaxes!
Tarxeta universitaria intelixente (TUI)
O teu pasaporte como membro da comunidade UVigo para poder gozar de múltiples vantaxes!
No marco da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e co apoio do Banco Santander, a Universidade de Vigo pon en servizo unha plataforma multiservizo para a comunidade universitaria en forma de aplicación móbil.
Unha das funcións da aplicación é emitir a tarxeta universitaria intelixente virtual (TUI en AppCRUE). Esta tarxeta acredítate como estudante, docente ou persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo con outras funcionalidades de alto valor engadido para a comunidade universitaria:
- Préstamo de libros nas bibliotecas.
- Acceso ás instalacións de uso restrinxido.
Como obter a TUI?
Para poder solicitar a tarxeta universitaria intelixente terás que cumprir un dos seguintes requisitos:
- Estar matriculado/a nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (grao, mestrado oficial, programa de doutoramento etc.).
- Estar matrículado/a nun título propio de 30 ou máis créditos, ou de duración igual ou superior a un curso académico completo.
- Ter un contrato laboral na Universidade de Vigo en vigor
Se cumpres algún dos requisitos anteriores, terás que seguir estes pasos:
- Comprobar que tes unha conta de usuario na secretaría virtual. Desde a secretaría poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non es quen de recuperar os teus datos de acceso, podes solicitar na secretaría de estudantes do teu centro a actualización do teu enderezo electrónico.
- Comprobar a emisión da túa tarxeta. Na sección «A miña conta» -> «Tarxetas universitarias» da túa secretaría terás unha listaxe coas TUI emitidas e poderás comprobar os datos cos que se emitirá a nova tarxeta.
- Descargar a aplicación AppCRUE. Pódese descargar nos teléfonos dos sistemas Android ou IOS.
- Achegarte a un dos puntos de emisión do teu campus (Ourense, Pontevedra, As Lagoas, Marcosende e Vigo cidade). Aí tomaranche unha fotografía e nuns minutos entregaranche a túa TUI.
As respostas ás preguntas máis frecuentes verbo da aplicación están dispoñibles na seguinte FAQ e as dúbidas máis específicas poderán consultarse desde a propia app.
Onde e cando?
Durante as primeiras semanas do curso, estarán operativos varios puntos de emisión da TUI:
Campus de Ourense
Work Café do Banco Santander
As Lagoas
32004 Ourense
Do 8 ao 26 de setembro 2025
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 9:00 a 14:00 h
Campus de Pontevedra
Facultade de Comunicación
Do 8 ao 26 de setembro 2025
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 09:00 a 14:00 h
Campus de Vigo
Work Café do Banco Santander
Área comercial
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Do 8 de ao 26 de setembro 2025
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 9:00 a 14:00 h
Campus de Vigo
Escola de Enxeñaría Industrial (sede cidade)
Rúa do Conde de Torrecedeira, 86
36208 Vigo
Do 6 ao 10 de outubro 2025
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 9:00 a 14:00 h
Fóra destas datas, poderás solicitar a túa TUI nas seguintes oficinas de asistencia en materia de rexistro. Cómpre pedir cita previa por teléfono ou por correo electrónico
Campus de Vigo
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Tel. +34 986 813 902
rexistroxeral@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
Escola de Enxeñaría Forestal
A Xunqueira
36005 Pontevedra
Tel. +34 986 801 955
rex-pont@uvigo.gal
Campus de Ourense
Edificio Administrativo
As Lagoas
32004 Ourense
Tel. +34 988 387 103
rex-our@uvigo.gal