Atopar información

Para apoiar as tarefas de investigación, docencia e aprendizaxe dos membros da Universidade de Vigo, a biblioteca pon a disposición da comunidade universitaria unha ampla oferta de recursos de información científica e académica formada por libros e revistas impresas e dixitais, bases de datos, medios audiovisuais e outros tipos de materiais e documentos.

*AVISO: Notíficase á comunidade universitaria que, polo de agora, o acceso á plataforma de libros electrónicos eLibro queda suspendido á espera de se resulta posible a súa renovación polo CISUG logo da aprobación nas vindeiras datas dos seus orzamentos para 2025.

Condicións de uso dos recursos-e baixo licenza

Uso dos recursos electrónicos [PDF]50.22 KB