Comisión de permanencia e progreso
A Comisión de permanencia e progreso regúlase no artigo 13 da Normativa de permanencia e progreso da Universidade de Vigo.
A comisión velará pola aplicación racional dos criterios que regulan o progreso e a permanencia do estudantado na Universidade de Vigo, informará das solicitudes presentadas, resolverá os conflitos e as reclamacións que afecten os principios rexidos pola presente normativa e observará o axuste dos resultados do progreso e dos obxectivos fixados polas memorias de verificación dos títulos: taxas de graduación, abandono, eficiencia, éxito etc., de xeito que se garanta a viabilidade e a calidade de cada unha das titulacións impartidas na Universidade de Vigo.
Composición
- A persoa responsable da vicerreitoría con competencias en materia de alumnado, ou a persoa en quen delegue, quen actuará como presidente/a.
- A persoa responsable do Servizo de Xestión de Estudos de Grao quen actuará como secretario/a.
- A persoa responsable da vicerreitoría con competencias en materia de organización académica ou a persoa en quen delegue.
- A persoa responsable do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao.
- Tres persoas propostas polo reitor/a e nomeadas polo Consello de Goberno entre as que desempeñan a dirección ou o decanato.
- Dúas persoas propostas polo estudantado e nomeadas polo Consello de Goberno.
Membros
Presidencia
- Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Secretaría
- Cristina Rodríguez Cendón
Xefa do Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Vogais
- José Luis Gómez Reboiro
Xefe do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao - Ángeles Peña Gallego
Decana da Facultade de Química - Consuelo Currás Valle
Facultade de Comercio
Estudantado
- Andrés Lois Graña Sánchez