25 anos de éxito ás costas son moitos para calquera evento, pero sono aínda máis cando se trata dunha iniciativa nacida por e para o alumnado como o é o Foro Tecnolóxico de Emprego. Esta feira, impulsada por estudantes das escolas de enxeñaría do campus de Vigo, celebrará o vindeiro mes de marzo o seu vixésimo quinto aniversario, unha edición que, como avanzan dende a organización, será “moi especial”.
05/12/2024