Como cada ano, a Universidade de Vigo volve colaborar con Campus Spain, unha iniciativa que naceu en 2017 para promocionar España como destino educativo e guiar a estudantes internacionais interesados en completar os seus estudos no país. Con este obxectivo, cada curso académico a institución viguesa recibe un numeroso grupo de mozos e mozas de todo o mundo interesados en aprender o idioma e a cultura para, dentro dun ano, poder matricularse nunha universidade española.
16/09/2024