As diferentes escolas e facultades do campus da Xunqueira mudaron por un día o seu aspecto habitual de xeito que en lugar de estudantes, cargando libros e entrando nas aulas, chamaba a atención as actuacións teatrais nos comedores de Ciencias Sociais e de Forestais, a sesión de monólogos en Fisioterapia ou os estudantes xogando ao floorball, o mazaball ou frisbee en Ciencias da Educación e do Deporte. Tratábase da Festa de Campus, unha iniciativa da Área de Extensión Cultural e Estudantes para dar a benvida a todos os alumnos e “para que se coñezan entre eles e que comecemos con ánimo e forza o curso”, explicou a directora da área, Ana Belén Fernández Souto.
17/10/2008