Como un traballo que “fala das expectativas vitais na mocidade e pon en valor a diversidade” presenta a titulada en Comunicación Audiovisual Ashling Ocampo La casa de la abuela, unha curtametraxe que narra a historia dunha moza con síndrome de Down que anuncia a súa decisión de sacar o carné de conducir, coa que se converte na gañadora do IV Concurso A Canteira-Augal.
20/12/2024