Grao en Educación Infantil
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
O obxectivo deste grao é asegurar a formación pedagóxica, psicolóxica, lingüística, sociolóxica, científica, tecnolóxica e artística do futuro profesorado de educación infantil (0-6 anos) coherente cos principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, igualdade efectiva de mulleres e homes, de fomento da educación e da cultura da paz, de maneira que poidan desempeñar con eficiencia, eficacia e calidade a súa función docente, titorial e xestora.
Saídas profesionais
-Mestre/a en Educación Infantil.
Obxectivos xerais da titulación
-Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da educación infantil.
-Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional e psicomotora.
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Este grao está orientado ao estudantado interesados no exercicio da docencia, especialmente con nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0-6 anos). O alumnado deberá mostrar interese por actividades humanitarias, responsabilidade e compromiso ético, crítico e auto-crítico. É preciso que teña capacidade de traballo en grupo, que sexa persuasivos, emprendedor e que teña facilidade para as relacións interpersoais. Asemade, deberá posuír un bo coñecemento do español e do galego así como nocións básicas dun idioma estranxeiro e bos coñecementos nos ámbitos científicos, matemáticos, informáticos, educación física e expresión artística.