Grao en Educación Primaria
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
Presenta como obxectivos fundamentais a formación psicopedagóxica, lingüística, sociolóxica, científica, tecnóloxica, artística e axiolóxica do futuro profesorado de educación primaria, titulación con longa tradición e interese tanto no noso entorno como no conxunto do país.
Saídas profesionais
-Mestre/a en Educación Primaria.
Obxectivos xerais da titulación
-Comprender os fins da educación escolar e desenvolver as competencias fundamentais para desempeñar a función docente, titorial e xestora nos centros de educación primaria.
-Contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado de educación primaria.
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Este grao está orientado a estudantado interesado no ensino, especialmente nos niveis básicos (6 a 12 anos). Recoméndase que teña interese por actividades humanitarias, responsabilidade e compromisos éticos, críticos e auto-críticos. Precísase que teña capacidade de traballo en grupo, que sexa persuasivo, emprendedor e que teña facilidade para as relacións interpersoais. Asemade, deberá posuír un bo coñecemento do español e do galego, nocións básicas dun idioma estranxeiro e un bo nivel nos ámbitos científicos, matemáticos, informáticos, educación física e expresión artística.