II Xornada de igualdade para o estudantado internacional
A Vicerreitoría de Internacionalización organiza a segunda xornada de igualdade para o estudantado internacional «Avanzando en igualdade: construíndo unha UVigo libre de violencias machistas» con Bárbara Tardón Recio. Será o 13 de marzo de 2025, de 13.30 a 16.00 h, na sala 1 do edificio Miralles.
A Universidade de Vigo reafirma o seu compromiso por unha sociedade xusta e igualitaria, onde a igualdade entre mulleres e homes sexa unha realidade. Por iso, a segunda edición da xornanda de igualdade para o estudantado internacional da UVigo busca fortalecer a conciencia colectiva e dotar as persoas asistentes de ferramentas prácticas para previr e actuar fronte á violencia machista no ámbito universitario.
- A igualdade e a violencia contra as mulleres en España
España, país pioneiro na loita pola igualdade de xénero. Sen dar un só paso atrás, avanzamos con orgullo cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria. - A conquista dos dereitos no noso país
O papel do feminismo e das institucións públicas na consecución de dereitos fundamentais para as mulleres. - «Do non é non ao si é si»
Reflexionaremos sobre o concepto de consentimento e a importancia de establecer límites claros e respectuosos. - Recursos de atención para as mulleres
Presentación de recursos dispoñibles na UVigo e no ámbito local para apoiar as mulleres en situacións de violencia. - Espazo aberto para preguntas
Unha oportunidade para resolver dúbidas e compartir reflexións nun ambiente seguro e respectuoso.
A xornada incluirá dinámicas participativas, estudos de caso e espazos de reflexión colectiva, co fin de crear unha experiencia enriquecedora para todas as persoas asistentes.
Vicerreitoría de Internacionalización
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal