Comisión de permanencia e progreso

A Comisión de permanencia e progreso regúlase no artigo 13 da Normativa de permanencia e progreso da Universidade de Vigo.

A comisión velará pola aplicación racional dos criterios que regulan o progreso e a permanencia do estudantado na Universidade de Vigo, informará das solicitudes presentadas, resolverá os conflitos e as reclamacións que afecten os principios rexidos pola presente normativa e observará o axuste dos resultados do progreso e dos obxectivos fixados polas memorias de verificación dos títulos: taxas de graduación, abandono, eficiencia, éxito etc., de xeito que se garanta a viabilidade e a calidade de cada unha das titulacións impartidas na Universidade de Vigo.

Composición

  • A persoa responsable da vicerreitoría con competencias en materia de alumnado, ou a persoa en quen delegue, quen actuará como presidente/a.
  • A persoa responsable do Servizo de Xestión de Estudos de Grao quen actuará como secretario/a. 
  • A persoa responsable da vicerreitoría con competencias en materia de organización académica ou a persoa en quen delegue. 
  • A persoa responsable do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao.
  • Tres persoas propostas polo reitor/a e nomeadas polo Consello de Goberno entre as que desempeñan a dirección ou o decanato. 
  • Dúas persoas propostas polo estudantado e nomeadas polo Consello de Goberno.

Membros

Presidencia

  • Natalia Caparrini Marín    
    Vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria

Secretaría

  • Cristina Rodríguez Cendón   
    Xefa do Servizo de Xestión de Estudos de Grao

Vogais 

  • José Luis Gómez Reboiro
    Xefe do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
  • Ángeles Peña Gallego 
    Decana da Facultade de Química
  • Consuelo Currás Valle    
    Facultade de Comercio

Estudantado

  • Andrés Lois Graña Sánchez