Comisión de convivencia e bo goberno

Esta comisión regúlase no artigo 21 das Normas de convivencia da Universidade de Vigo (aprobada polo Claustro o 18 de abril de 2023).

A Comisión de convivencia e bo goberno, aprobada polo Consello de Goberno, deberá decidir, dentro das súas funcións, se resulta procedente ou non acudir a un procedemento de mediación, suspendendo o procedemento disciplinario iniciado, sempre e cando as partes sometidas a un expediente disciplinario manifesten a súa vontade de acollerse a este, ou ben se devolve o expediente á persoa instrutora para que formule o correspondente prego de cargos. 

Así mesmo, esta comisión resolverá calquera dúbida ou denuncia con respecto ao cumprimento do Código ético, tomando as decisións oportunas para o efecto, e impulsará medidas de prevención de actuacións contrarias aos principios do Código ético, formulando recomendacións e melloras na aplicación destes principios.

Composición

  • A reitora ou reitor, que a preside.
  • A persoa titular da Secretaría Xeral.
  • A persoa responsable da Unidade de Igualdade.
  • A persoa responsable da Unidade de Xestión Positiva de Conflitos e Convivencia.
  • Dous membros pertencentes ao persoal docente e investigador, dous membros pertencentes ao persoal técnico de xestión e de administración e servizo, e dous membros representantes do estudantado.

Os membros electos da comisión pertencen á comunidade universitaria.

Membros

  • Manuel Joaquín Reigosa Roger
    Reitor
  • María José Bravo Bosch
    Secretaria xeral
  • Águeda Gómez Suárez
    Directora da Unidade de Igualdade
  • Responsable da Unidade de Xestión Positiva de Conflitos e Convivencia
  • Patricio Sánchez Fernández
    PDI
  • María José Vázquez Figueiredo
    PDI
  • Lilian Álvarez García
    PTXAS
  • Luis Torres Vázquez 
    PTXAS
  • Nerea Ferreiro Fernández
    Estudantado
  • Sandra María Martínez Gómez
    Estudantado