Comisión de reclamacións
A comisión de reclamacións regúlase no artigo 14 do Regulamento de réxime interno do Claustro Universitario.
Ten por función valorar as reclamacións presentadas contra as propostas efectuadas polas comisións dos concursos de acceso a prazas cubertas con persoal con vinculación permanente, ratificando ou non a proposta obxecto de reclamación no prazo máximo de tres meses.
Composición
Está composta por seis profesores/as da universidade con ampla experiencia docente e investigadora, pertencentes ao corpo de cateráticos/as da universidade de diversas áreas de coñecemento, elixidos polo Claustro para un período de catro anos e representarán na medida do posible todos os ámbitos científicos.
Os membros da comisión electoral serán elixidos/as polos claustrais do respectivo sector para un período de catro anos, agás o estudantado que o será por dous. Cada candidato/a levará unha persoa suplente que o/a substituirá no caso de perda da súa condición de membro desta comisión.
Membros
- Armando Caballero Rúa
Ámbito científico - José Cidrás Pidre
Ámbito tecnolóxico - Francisca Fariña Rivera
Ámbito xurídico-social
- Juan Carlos Surís Regueiro
Ámbito xurídico-social - José Francisco Asís Montero Reguera
Ámbito humanístico - Veljka Ruzicka Kenfel
Ámbito humanístico