Comisión de planificación e asuntos económicos

Funcións

  • Avaliar a demanda social, os recursos materiais e humanos con que conta a Universidade de Vigo e os que precisa para o desenvolvemento completo dos planos de estudos, así como as dispoñibilidades existentes para o seu ensino dentro da programación plurianual da Universidade de Vigo.
  • Estudar os proxectos de instalacións, equipamentos e mantemento que non se financien co orzamento anual da Universidade, d) estudar as propostas de orzamentos ordinarios e informar sobre as necesidades de orzamentos extraordinarios e adicionais que lles sexan presentados.
  • Informar das contas anuais e da liquidación do orzamento.
  • Analizar as modificacións orzamentarias e transferencias de crédito.
  • Avaliar e informar da realización de obras de ampliación, reparación e mellora dos diferentes centros da Universidade, que sexan con cargo ao orzamento da Universidade.
  • Elaborar propostas de distribución de fondos que sexan da súa competencia e informar os pedimentos que, referentes a estes fondos, lles sexan formulados.
  • Informar os proxectos de regulamentos e normativas da súa área de competencia.
  • Informar os cadros de persoal funcionario e laboral de administración e servizos.

​​​Composición

  • A persoa que ocupe a vicerreitoría ou vicerreitorías das áreas relacionadas coa comisión.
  • Cinco docentes, garantindo, na medida do posible, a presenza de membros non pertencentes ao sector do profesorado doutor con vinculación permanente á universidade.
  • Dúas persoas representantes do estudantado.
  • Un membro do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.
  • Unha persoa representante do Consello Social.

A elección, dentro de cada un dos sectores, farase de entre os que figuran nunha lista única de cada sector, que se elaborará tras abrir un prazo de presentación de candidaturas. As renovacións realizaranse cada catro anos, agás no caso de representantes de alumnado que terán lugar cada dous anos.

Membros

Presidencia

  • José Cidrás Pidre, vicerreitor de Planificación e Sostibilidade

PDI

  • Inmaculada Anaya Revuelta
    Rafael Durán Barbosa
    Carmen Ruíz Hidalgo
    M.ª Concepción Paz Penín
    Mónica Álvarez Siota

PTXAS

  • Yolanda Lesmes Romero, xerenta
    Ana Isabel González Penín

Estudantes

  • Iago Meis Solla
  • Miguel Ángel Piñero Vivas

Consello Social

  • Xulio Calviño Rodríguez