Comisión de investigación e transferencia
Funcións
- Elaborar a convocatoria do programa de axudas á investigación propio da Universidade de Vigo, así como resolver esta.
- Valorar determinados méritos da produción científica e produción de transferencia.
- Aprobar a creación de novos grupos de investigación.
- Avaliar as solicitudes presentadas polos grupos de investigación para ofrecer prazas en diversos programas de recursos humanos
- Informar ou elaborar propostas sobre os asuntos relacionados coa investigación etc.
Composición
- A persoa que ocupe a vicerreitoría ou vicerreitorías das áreas relacionadas coa comisión.
- Cinco docentes, garantindo, na medida do posible, a presenza de membros non pertencentes ao sector do profesorado doutor con vinculación permanente á universidade.
- Dúas persoas representantes do estudantado.
- Un membro do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.
- Unha persoa representante do Consello Social.
A elección, dentro de cada un dos sectores, farase de entre os que figuran nunha lista única de cada sector, que se elaborará tras abrir un prazo de presentación de candidaturas. As renovacións realizaranse cada catro anos, agás no caso de representantes de alumnado que terán lugar cada dous anos.
Membros
Presidencia
- M.ª Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación
Secretaría
- Jacobo Porteiro Fresco
PDI
Vogais
- Raquel Arévalo Tomé
PDI - María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes
PDI - Inmaculada Anaya Revuelta
PDI - María de los Ángeles Peña Gallego
PDI - Xulio Calviño Rodríguez
Consello Social - Jaime González González
Estudante - Estela Rodríguez Pousa
Estudante - Ana Isabel González Penín
PTXAS
Vogais sen voto
- Marta Pazos Currás
Representante sindical - Miguel Cuevas Alonso
Representante sindical
Na seguinte ligazón o PDI e o PTXAS poderán consultar as actas da Comisión de investigación a través da súa secretaría virtual:
Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal