Comisión contra o acoso sexual e por razón de sexo
A Comisión contra o acoso sexual e por razón de sexo regúlase no capítulo III do Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo.
Composición
- Director/a da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, que asumirá a presidencia da comisión.
- Unha persoa representante do reitor/a.
- Unha persoa representante do PDI.
- Unha persoa representante do PTXAS.
- Unha persoa representante do estudantado.
- Unha persoa representante da Xerencia que actuará como secretario ou secretaria.
O nomeamento das persoas representantes do PDI, do PTXAS e do estudantado correspóndelle ao Consello de Goberno á proposta da Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo. O seu mandato terá unha duración máxima de tres anos, coa posibilidade dunha soa renovación.
Funcións
- Informar o órgano competente sobre a adopción das medidas preventivas axeitadas para evitar as posibles situacións de acoso sexual ou por razón de sexo que se poidan producir no contorno universitario.
- Analizar as denuncias sobre posibles situacións de acoso sexual e por razón de sexo que se presenten ante ela e decidir sobre a apertura do procedemento previsto neste protocolo.
- Tramitar as denuncias admitidas e emitir informe motivado sobre a situación denunciada.
- Solicitar á Reitoría as medidas de protección á vítima que se considere necesario adoptar durante a tramitación do procedemento previsto neste protocolo.
- Facer un seguimento da aplicación do presente protocolo coa finalidade de analizar o seu correcto funcionamento e eficacia e, se é o caso, propoñer a súa modificación ante o Consello de Goberno.
- Elaborar un informe anual sobre a aplicación do presente protocolo para a súa presentación ante o Consello de Goberno.
Membros
- María Isabel Doval Ruiz
Vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación
Presidenta
Suplente: Águeda Gómez Suárez, directora da Unidade de Igualdade - Rafael Fernández Acevedo
Representante do reitor
Suplente: - María Lameiras Fernández
PDI
Suplente: Yolanda Rodríguez Castro
- Luis Pérez Gómez
PTXAS
Suplente: María José Ríos Santomé - Yasmina González Almón
Alumnado - Raquel Souto García
Secretaria
Suplente: José González Groba