Xornada sobre Feminismo e Teoría do Dereito. A sentenza da Manada a debate
Data de celebración:
15 de novembro de 2018De 9:30 a 10:30
Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Pablo Raúl BonorinoLugar
Cam. Seara B, 3I
32004 Ourense
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialSerá no salón de graos da Facultade de Dereito
A Facultade de Dereito do campus de Ourense e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo acollen a segunda sesión das xornadas Feminismo e teoría do dereito. A sentenza da Manada a debate, que se celebran os días 25 de outubro e 15 de novembro nos dous centros. Trala conferencia o día 25 de Pablo de Lora, profesor da Universidad Autónoma de Madrid, nesta ocasión falará Concepción Torres, da Universidad de Alicante. A actividade, que conta coa colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, está dirixida polo profesor Pablo Raúl Bonorino no marco do desenvolvemento dun proxecto de investigación con financiamento estatal.