Abordar a relación entre comunidade e universidade e o papel que nesa conexión pode xogar a metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS), na que o alumnado adquire as competencias propias dunha materia desenvolvendo proxectos xunto a diferentes entidades e colectivos. Estes son os obxectivos centrais dun proxecto de investigación, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, no que participa a UVigo.
18/10/2024