Despois de pór en marcha unha aula de teatro, aberta tanto á comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía, e da recuperación en 2022 da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra, o campus contará tamén coa súa propia agrupación teatral.
“Se existe unha verdade universal é aquela que manifesta que as mulleres-a metade da humanidade-, se teñen encargado moi maioritariamente dos coidados e da crianza da proxenie, así como do fogar onde crecen".
José Antonio Fernández Romero foi un dos grandes referentes nacionais en estudos nórdicos e un moi querido e lembrado docente de lingua española na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade da Vigo. Trala súa morte en 2011, o profesor legou boa parte da súa colección bibliográfica á institución académica, un patrimonio que agora se quere poñer en valor a través da exposición Última Tule.
A Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, chega a súa 27 edición coa posta en escena, a partir deste mércores 23 de abril, de cinco obras a cargo doutras tantas compañías galegas e internacionais.
Organizada polo Concello de Pontevedra, coa colaboración da Facultade de Belas Artes, a exposición Fotosensíbeis achegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra un conxunto de fotografías realizadas ao longo de preto de tres décadas por alumnos e alumnas de Belas Artes.
Na semana na que se celebra o Día do Libro as actividades culturais rebolen en cada recuncho da Facultade de Filoloxía e Tradución. Na véspera desta data, o 23 de abril, o centro acolleu toda unha serie de actividades con algúns dos novos valores que agroman nas letras galegas: Tamara Andrés, Lara Dopazo, Jorge Rodríguez Durán e Valentina Marta Rodríguez.
Profesora da Academia de Belas Artes e Deseño de Katowice, Weronica Siupka propón un percorrido gráfico pola rexión polaca de Silesia na exposición que nestes días pode visitarse na Sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes.
O programa Tándem Lingüístico, impulsado pola Vicerreitoría de Internacionalización en colaboración co Centro de Linguas, semella que chegou para quedarse. A iniciativa, que botou a andar o curso pasado, está a ter moi boa acollida entre a comunidade universitaria e acaba de lanzar unha nova convocatoria.
Contar outra historia da arte en Galicia, que complemente ás xa existentes desde unha perspectiva feminista, foi o propósito co que a profesora da Facultade de Belas Artes Susana Cendán deu forma a Outras historias posibles, a exposición que desde este venres pode verse no Café Moderno Afundación.
Promovido pola Unidade de Diversidade e a investigadora predoutoral Carla Míguez Bóveda, a UVigo sumouse por vez primeira á celebración do Día do Libro LGBTIA+ con dúas mesas redondas desenvolvidas no edificio Redeiras.
A estrea do himno composto co gallo do 30 aniversario da asociación, interpretado este mediodía polo alumnado do CEIP Seis do Nadal, foi o punto álxido do maratón radiofónico organizado por Ponte…nas ondas! esta mañá no edificio Miralles do campus de Vigo.
Verse outra vez ao revés tamén funciona é o título da exposición que presenta na sala O Abrigo de Belas Artes un conxunto de autorretratos xurdidos dun obradoiro que levou ás e aos participantes a reflexionar sobre as ideas de creatividade e identidade a través do lúdico, o sensorial e o experimental.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación abriu este sábado as súas portas a 80 nenas e mozas e as súas familias, son as 80 participantes de Oracle4Girls, iniciativa da empresa Oracle que chegou a Vigo como unha nova oportunidade “para motivar e apoderar ás novas xeracións de mozas a converterse nas líderes tecnolóxicas do mañá”.
O vindeiro mércores 26 de marzo, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! celebrará o seu 30 aniversario cun maratón de radio en directo, emitido desde diferente puntos de Galicia e do norte de Portugal.
80 nenas de entre 4 e 16 anos chegadas de toda a provincia vivirán este sábado unha xornada especial na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Son as 80 cativas e mozas que conseguiron praza para participar nalgún dos talleres de Oracle4Girls, unha iniciativa da empresa Oracle para impulsar as disciplinas STEM entre as nenas.