Proxectos STEMbach
A Universidade de Vigo oferta unha serie de proxectos de investigación nas súas diferentes escolas e facultades. Estes permitiranlle ao estudantado do STEMbach desenvolver o seu proxecto e experimentar cos diferentes procedementos de investigación e os métodos científicos, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico e para desenvolver investigacións propias.
A oferta de proxectos de investigación da Universidade de Vigo para o estudantado da edición STEMbach do bienio 2019/2021, ordenados por campus e por escolas e facultades é a que se expón a continuación:
Campus de Ourense
- Escola Superior de Enxeñaría Informática
- Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
- Facultade de Ciencias
- Facultade de Historia
- Facultade de Dereito
- Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
- Facultade de Educación e Traballo Social
- Facultade de Relacións Internacionais
Campus de Pontevedra
- Escola de Enxeñaría Forestal
- Facultade de Belas Artes
- Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
- Facultade de Comunicación
- Facultade de Dirección e Xestión Pública
- Facultade de Fisioterapia
- Facultade de Deseño
Campus de Vigo
- Centro de investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO)
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
- Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
- Escola de Enxeñería Industrial
- Facultade de Comercio
- Facultade de Filoloxía e Tradución
- Facultade de Bioloxía
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
- Facultade de Ciencias do Mar
- Facultade de Química
- Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
Os centros educativos que teñan interese nalgún destes proxectos poden xestionar a súa asignación a través do enderezo electrónico da coordinación STEMbach da UVigo.
Asemade, estamos á disposición dos centros educativos para colaborar na dirección doutros proxectos de investigación non incluídos nesta listaxe. Unha vez realizada a proposta, desde a coordinación STEMbach da UVigo intentaremos atopar o profesorado adecuado para co-dirixir cada proxecto suxerido segundo a súa temática.
Máis información
Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 586
stembach@uvigo.gal