Eficiencia enerxética

Caldeiras de biomasa nun centro do campus de Pontevedra


Ademais de reducir a dependencia enerxética mediante o autoabastecemento con enerxías limpas, o Plan Suvi pretende a mellora da eficiencia enerxética das súas instalacións.

Para conseguilo, fixéronse unha serie de melloras na climatización e na iluminación da biblioteca central do campus Vigo.

Tamén se levaron a cabo a renovación de caldeiras e a climatización da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Vigo), a renovación LED e distintas melloras enerxéticas no edificio Filomena Dato.

Para poder facer un control e unha análise da enerxía consumida polos diferentes centros universitarios, desenvolveuse unha plataforma común de monitorización de consumo e de xeración de enerxía (de todo tipo de combustibles), que permite facer avisos, previr avarías e descargar os históricos de datos para analizalos.

Desa maneira poderase caracterizar dunha forma precisa todas as instalacións e focalizar os esforzos para reducir consumos e mellorar a eficiencia das áreas de maior demanda enerxética.

Finalmente, para conseguir unha optimización do aproveitamento enerxético e económico das instalacións de xeración eléctrica mediante fontes renovables en réxime de autoconsumo, proponse crear comunidades eléctricas nos campus de Vigo e de Ourense para que  os excedentes de xeración de enerxía fotovoltaica poidan compensar o consumo de electricidade doutros centros.
 

Programa de medidas para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética

A Universidade de Vigo leva anos apostando de forma decidida polas enerxías renovables e a eficiencia enerxética, para lograr con iso unha importante redución do impacto que a súa actividade ten sobre o medio ambiente e unha menor exposición ó incremento de prezos da enerxía. Nesta liña, o Consello de Goberno aprobou o 20 de xuño de 2024 o Programa de medidas para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética que ten o obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e a redución da pegada de carbono.  

 

Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal