Tras analizar máis de seiscentas cancións populares e de autor en inglés e castelán, a investigadora Rosalía Rodríguez defende a idea de que a correspondencia entre o ritmo da fala, do verso e da música non é total en ningunha lingua, pero “algunhas, como o español, son máis permisivas no tocante ás constricións que poden incumprirse”, tal como ela mesma afirma. Esta é a conclusión que tira do traballo realizado para a súa tese de doutoramento, na que se propuxo como obxectivo principal verificar se o text-setting responde a algún tipo de limitación común ao ritmo da fala, ao ritmo poético e ao ritmo musical.
A idea da que parte esta filóloga é que a lingua e a música poden ser suxeitas a análises de natureza similar, posto que ambas son sistemas de signos producidos e percibidos en tempo real.
06/03/2008