O Boeiro I, primeiro barco solar da Universidade de Vigo, xa navega nas augas do Mediterráneo. Tras unha longa viaxe por estrada, o luns arrancaron as probas da Mónaco Energy Boat Challenge, onde o equipo de CES-UVigo Solar compite con outros 36 equipos procedentes de 30 universidades e 25 nacionalidades.
04/07/2024