Teses

Moza estudando na biblioteca

 


O depósito da tese farase de forma telemática a través da Secretaría Virtual. 

Impreso de revisión de tese

 

Requisitos previos

  • A persoa debe estar matriculada no curso académico actual
  • Os datos da tese serán incorporados directamente pola persoa doutoranda na base de datos TESEO
    Accede a TESEO
  • Contar coa avaliación dun plan de investigación actualizado, acompañado dos informes favorables da titoría e da dirección da tese
  • O título do plan de investigación, aprobado na última avaliación anual, e o título da tese deben ser coincidentes
  • O documento de actividades actualizado, coas avaliacións anuais que correspondan e, se é o caso, das actividades formativas obrigatorias e outros requirimentos específicos da memoria de verificación do programa de doutoramento
  • Compromiso documental de supervisión debidamente asinado
  • Dous informes emitidos por persoas doutoras expertas na materia, externas á Universidade de Vigo e ao programa de doutoramento. 

 

A tese de doutoramento

  • Logo de rematar a elaboración da tese e tras o informe favorable da persoa ou persoas que a dirixen e, no seu caso, do/a titor/a, o/a doutorando/a solicitaralle á CAPD o seu depósito, e a autorización para defendela de acordo co procedemento establecido en cada caso.
  • Enviarase á Área académica competente o exemplar da tese e a documentación xustificativa das mencións que non estea xa recollida no sistema. 

  • Este exemplar respectará as normas de estilo vixentes e empregaranse os seguintes modelos (non levará ningunha sinatura):
  • Esta solicitude de depósito paraliza provisionalmente o cómputo máximo para o depósito da tese, por un tempo non superior a 4 meses.

  • A CAPD dispoñerá dun prazo máximo de dous meses desde a solicitude de depósito da tese pola persoa para a remisión á EIDO do seu informe de autorización da tese para a súa defensa. 
     
    • Presentar toda a documentación requirida no caso de que se solicite a mención internacional, a mención de doutoramento industrial, a mención de cotutela e/ou tese que conteña publicacións.
       
    • A EIDO establecerá o procedemento para verificar que a documentación está completa, que o formato da tese é axeitado e que a orixinalidade da investigación está garantida, para o cal poderá utilizarse un programa antiplaxio.
       
    • Unha vez autorizada a presentación da tese para defendela por parte da CAPD, esta informará á EIDO e remitiralle unha proposta da composición do tribunal que xulgará a tese aprobada pola CAPD, formado por doutores/as especialistas na materia da tese de doutoramento, con experiencia investigadora acreditada.
       
    • Unha vez recibida toda a documentación da tese e logo de revisar pola unidade competente que o expediente está completo e correcto, abrirase un período de exposición pública de dez días hábiles en período lectivo.
       
    • No caso de teses suxeitas a protección de datos, presentaranse dúas versións. Unha reducida,  na que se eliminarán os contidos afectados polo deber de non difusión, segredo ou confidencialidade e outro exemplar completo que quedará arquivado na universidade baixo o compromiso de confidencialidade. O exemplar reducido será o que se deposite para a súa consulta pola comunidade científica e a versión completa,  entregaráselle ao tribunal para a súa avaliación

     

    Impresos

    Tribunal

    A CAPD, despois de oír á dirección da tese (e/ou de ser o caso, á titoría), proporá unha relación de sete membros do tribunal para avaliar a tese.

    Todas as persoas membro serán doutoras con experiencia investigadora acreditada ou cumprimento no momento da solicitude ou unha solicitude anterior.

    O tribunal estará formado por unha maioría de membros externos á unviersidade ou institucións participantes no programa, e cumprirá os requisitos de paridade e externalidade.

    O tribunal, será nomeado pola Eido entre as persoas especialistas propostas pola CAPD e estará constituído por tres persoas titulares e dúas suplentes.

    Non poderán formar parte do tribunal as persoas coautoras das publicacións derivadas dunha tese.

     

    Mención doutoramento internacional

    Acreditarase coa presentación da seguinte documentación:

    • 2 informes favorables previos á presentación da tese de 2 persoas expertas doutoras pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non español. Nos informes deberá identificarse claramente a Institución que os emite mediante o  seu anagrama ou logotipo, a persoa que o emite coa súa sinatura e selo. De non aparecer debidamente identificada a institución, os informes non serán admitidos
    • Acreditación dunha estadía mínima de 3 meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio.
    • Escrito da dirección da tese que avale a estadía.
    • Escrito da CAPD do programa de doutoramento que autorice a estadía

    Parte da tese (obrigatoriamente como mínimo a introdución, o resumo e mais as conclusións) deberá estar escrita e defenderse nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a calquera das linguas oficiais en España (a excepción dos países de fala hispana).

    O tribunal debe conter polo menos unha persoa experta e doutourada pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non español. Esta persoa será distinta da persoa responsable da estadía (as mesmas condicións rexen para os suplentes do tribunal) e das informantes externas da tese.

     

    Tese que inclue artigos de investigación

    A tese de doutoramento poderá conter un conxunto de traballos que o doutorando/a ten publicados ou que contan coa aceptación definitiva para a súa publicación. A Universidade recoñecerá como "tese por compendio de publicacións" cando, ademais de cumprirse todo o previsto no artigo 41 do Regulamento de Estudos de Doutoramento a tese inclúa un mínimo de tres artigos de investigación publicados ou con aceptación definitiva para a súa publicación. Os artigos deben estar editados en revistas indexadas na listaxe do ámbito correspondente do Journal Citation Reports ou, en caso de que non sexa aplicable este criterio, poderá substituirse polas bases relacionadas pola CNEAI para estas áreas.

    Documentación adicional que se debe aportar:

    • Informe da ou das persoas que dirixen a tese, coa aprobación da comisión académica do programa de doutoramento, o cal debe especificar:
      • A idoneidade da presentación da tese baixo esta modalidade.
      • Os indicios de calidade das publicacións presentadas.
      • A contribución da persoa estudante de doutoramento, se hai máis coautoras.
    • Autorización da revista/editorial para o uso da publicación na tese de doutoramento. No caso de non ter esa autorización, presentará a aceptación por escrito dos coautores/as de que o doutorando presente o traballo como parte da tese. Recomendase que neste caso figuren como anexos.
    • De non contar coa autorización das revistas,  o doutorando proverá unha versión publicable da tese para o repositorio institucional Investigo, sen os artigos que non conten coa devandita autorización. Nesta versión substitíranse os artigos  pola súa referencia bibliográfica completa xunto co enlace directo ao artigo. Si os artigos  están publicados en revistas de acceso aberto xa poden incluirse sen máis. 

    A tese debe presentarse conforme a seguinte estructura:

    • Introdución
    • Obxectivos que se deben acadar
    • Discusión xeral que dote de coherencia e unidade os diferentes traballos
    • Conclusións e bibliografía común
    • Copia íntegra das publicacións

     

    Prazos

    • Prazo de depósito e exposición pública da tese: 10 días hábiles en período lectivo a partir da revisión administrativa, período no que calquera persoa doutora poderá consultar a tese ou facer alegacións.
    • Debido á cantidade de documentos e comprobacións necesarias, consonte ao establecido na regulación actual (R.D. 99/2011), cómpre ter en conta que poden ser precisos varios días desde a entrega da documentación ata que se efectúe o depósito. Este só será efectivo unha vez comprobado todo o expediente e cando se publique na web e se notifique á persoa interesada.
    • Aprobación na Comisión Permanente da Eido, a cal autoriza a admisión a trámite da tese e nomea o tribunal.
    • A presidencia do tribunal convocará e a secretaría comunicará a data, hora e lugar da lectura da tese cunha antelación mínima de 10 días hábiles a partir da notificación.
    • 5 días hábiles posteriores ao día de exposición e defensa da tese para a remisión da documentación, da que será responsable a secretaría do tribunal ou a docente en quen delegue.

     

    Lectura de tese e defensa pública

    Cualificacións: non apto, aprobado, notable, sobresaínte.
    Mención cum laude, mediante voto secreto dos membros do tribunal (require unanimidade de votos positivos).
    Duración da tramitación: a defensa pública deberá ter lugar nun prazo máximo de tres meses desde a autorización da defensa.

     

    Solicitude do título

    Despois da defensa da tese e da entrega das actas pola secretaría do tribunal ou persoa que se indique (pode achegarse a través do correo interno ou do rexistro xeral de cada campus), a persoa estudante pode solicitar o título de persoa doutora no servizo de posgrao presentando:

    • Fotocopia do NIF en vigor
    • Partida de nacemento se a persoa interesada é estranxeira
    • Copia das titulacións de acceso (só no caso de que as titulacións non sexan expedidas pola Universidade de Vigo) e orixinais para cotexo.

     

    Mención doutoramento industrial

    Outorgarase a mención de doutoramento industrial sempre que concorran as seguintes circunstancias:

    • A existencia dun contrato laboral ou administrativo nunha empresa do sector público ou privado ou por unha administración pública. Non pode ser unha universidade
    • Por acordo da Comisión Permanente do 22 de novembro de 2017, a anterior esixencia concrétase nun mínimo de dous anos a tempo completo (ou o seu equivalente a tempo parcial)
    • Que a tese se faga no marco dun proxecto de investigación oficial que se desenvolva na empresa. Esta circunstancia ten que acreditarse e explicarse nunha memoria que tenrá que contar co visto e prace da CAPD

    No caso de que o proxecto se desenvolva en colaboración coa universidade, debe existir un convenio que regule esta colaboración, incluíndo o procedemento de selección da persoa doutorada.

    Opcionalmente disporemos dun borrador de convenio para o desenvolvemento dun doutoramento industrial. Este convenio asínao a empresa, a universidade e a persoa doutorada. Non é obrigatorio, pero pode ser útil para regular os aspectos da propiedade industrial, propiedade intelectual e a confidencialidade.

    Para garantir a máxima difusión institucional, o doutor ou doutora que o solicite poderá examinar a tese e dirixirlle por escrito as consideracións que estime oportunas á Eido por correo electrónico a eido@uvigo.gal

     

    Nutritional and Functional Characterization of Legume Protein Concentrates for Sustainable Food Development: In Vivo Effects in Sprague-Dawley Rats
    Autoría: Camila Jiménez González
    Dirección:
     María Luísa Rúa Rodríguez e Federico Mallo Ferrer 
    Programa de doutoramento: Endocrinoloxía
    Data:  23 de abril de 2025

    Development of Three-Dimensional Diamond Photonics Platforms for Neuronal Research
    Autoría: Beatriz Neves Leal Costa
    Dirección: Jana Berit Nieder

    Programa de doutoramento: Láser, Fotónica e Visión
    Data:  22 de abril de 2025

    El subtitulado para personas sordas y personas con discapacidad auditiva: pautas para la incorporación de características de la lengua de signos española (LSE)
    Autoría: Marta Iravedra López
    Dirección: Ana María Pereira Rodríguez

    Programa de doutoramento: Comunicación
    Data:  9 de abril de 2025

    Estudio de las condiciones para la especiación ecológica mediante la simulación del escenario del caracol marino Littorina saxatilis de las costas gallegas
    Autoría: Mónica Fernández Meirama
    Dirección: 
    : Emilio Rolán Álvarez e Antonio Carvajal Rodríguez
    Programa de doutoramento: Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
    Data:  4 de abril de 2025

    Protección jurídica y garantías procesales de los menores extranjeros no acompañados en el sistema de justicia juvenil
    Autoría: Paula Martínez Molares
    Dirección: 
    : Esther Pillado González
    Programa de doutoramento: Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica
    Data:  2 de abril de 2025

    Imaxinarios da nenez na obra gráfica de Castelao. De Vida Gallega a Milicianos (1909-1938)
    Autoría: Diana Vilas Meis
    Dirección: Julio Prada Rodríguez e María Victoria Catalina Carballo-Calero Ramos

    Programa de doutoramento: Protección do Patrimonio Cultural
    Data:  27 de marzo de 2025

    Chaos vs. Social Entropy – Organizational Learning and Dynamic Skills at a Healthcare Food Catering Service
    Autoría: Rui Pedro Calvalho Fernandes Lima
    Dirección: Florentino Fernández Riverola e 
    Nuno Manuel Faria Araújo
    Programa de doutoramento: Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables
    Data:  25 de marzo de 2025

    A influência das novas tecnologias na privacidade do trabalhador à luz do artigo 8.º da CEDH: controlo justificado ou interferência abusiva?
    Autoría: Ana Catarina Almeida Loureiro
    Dirección: Jaime Cabeza Pereiro

    Programa de doutoramento: Ordenación Xurídica do Mercado
    Data:  24 de marzo de 2025

    Cryoprotection and cryodamage in sea urchin eggs
    Autoría: Sara Campos Rosende
    Dirección: Estefanía Paredes Rosendo e Jesús Souza Troncoso

    Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
    Data:  19 de marzo de 2025

    Chemical and bioactive properties of different agri-food by-products: strategies for their valorization
    Autoría: Anabela Silvia Guedes da Costa
    Dirección: Jesús Simal Gándara e Rita Carneiro Alves

    Programa de doutoramento: Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
    Data:  13 de marzo de 2025

    Función de las proteínas del citoesqueleto en la regulación del linfocito en la enfermedad de Alzheimer
    Autoría: Cynthia Rodríguez Jamardo
    Dirección: 
    Carlos Spuch Calvar  e José Manuel Olivares Diez
    Programa de doutoramento: Neurociencia e Psicoloxía Clínica 
    Data:  11 de marzo de 2025

    Estructura y Diversidad de la Comunidad de Peces Mesopelágicos en el Océano Atlántico
    Autoría: Cristina López Pérez
    Dirección: 
    María Pilar Olivar Buera  e Víctor Manuel Tuset Andújar
    Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
    Data:  11 de marzo de 2025

    Benthic oxygen exchanges in a coastal upwelling system (Ría de Vigo, NW Iberian Peninsula) by Aquatic Eddy Covariance: Implications for ecosystem metabolism
    Autoría: Mariña Amo Seco
    Dirección: 
    Carmen González Castro e Peter Berg
    Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
    Data:  11 de marzo de 2025

    Determinación y control de fósforo en aguas residuales
    Autoría: Adrián Cabo Cameselle
    Dirección: José Manuel Domínguez González
    Programa de doutoramento: Enxeñaría Química
    Data:  10 de marzo de 2025

    Desarrollo de metodologías de análisis 3d y multiespectral para la gestión integrada de incendios forestales y patrimonio (paleointerfaz)
    Autoría: Ana Solares Canal
    Dirección: Julia Armesto González e Juan Picos Martín
    Programa de doutoramento: Protección do Patrimonio Cultural
    Data:  10 de marzo de 2025

    Temporal and environmental analysis of maternal effects on Sebastes fasciatus productivity and its impact on recruitment in Flemish Cap
    Autoría: Francisco González Carrión
    Dirección: Juan Francisco Saborido Rey
    Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
    Data:  6 de marzo de 2025

    Leveraging routinely generated healthcare data through intelligent systems to enhance clinical decision-making for cancer survivors
    Autoría: Lorena González Castro
    Dirección: Martín López Nores e Guilherme del Fiol
    Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
    Data:  27 de febreiro de 2025

    Análisis teórico y práctico de la traducción de la literatura china moderna y contemporánea basado en el corpus de la novela “El Sorgo Rojo” de Mo Yan
    Autoría: Yingzhe Ren
    Dirección: Ramón Méndez González e Chunyi Lei 
    Programa de doutoramento: Tradución e Paratradución
    Data:  24 de febreiro de 2025

    Gestión del agua acorde a los estándares internacionales de acceso al agua para consumo humano en Ecuador

    Autoría: Gloria María Eloisa Roldán Reascos
    Dirección: Laura Movilla Pateiro e María de la Concepción Pérez Lamela
    Programa de doutoramento: Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
    Data:  17 de febreiro de 2025

    Mediação Familiar - Experiências das práticas jurídicas em Portugal e Espanha 
    Autoría: Márcia Fernanda Ribeiro de Oliveira
    Dirección:  María José Bravo Bosch
    Programa de doutoramento:  Ordenación Xurídica do Mercado
    Data:  17 de febreiro de 2025

    Presencia, transporte y degradación de antibióticos de uso humano (Ciprofloxacina, Claritromicina y Trimetoprima) en suelos agrícolas
    Autoría: Lucía Rodríguez López
    Dirección:  Manuel Arias Estévez e Andrés Rodríguez Seijo
    Programa de doutoramento:  Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
    Data:  10 de febreiro de 2025

    Emotions - The Power of the Unconscious in Decision Making in Business Organizations
    Autoría: Jose Luis Duarte Miranda
    Dirección:  Florentino Fernández Riverola
    Programa de doutoramento:  Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables
    Data:  7 de febreiro de 2025

    Improvement of heat transfer and energy storage processes using nanoenhanced heat transfer fluids and PCMs
    Autoría: Uxía Calviño Barreiro
    Dirección:  Javier Pérez Vallejo y Luis Lugo Latas
    Programa de doutoramento:  Física Aplicada
    Fecha:  7 de febreiro de 2025

    Evaluación de la contaminación ambiental en las masas de agua superficiales
    Autoría: Raul Garzón Vidueira
    Dirección:  Raquel Rial Otero
    Programa de doutoramento: Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
    Fecha:  7 de febreiro de 2025

    Beyond Uniform Approaches: Exploring Stakeholder Heterogeneity, Dynamic Stakeholder Complexity and Value Creation through Dissonance
    Autoría: Lena Bischoff
    Dirección: Xosé Henrique Vázquez Vicente
    Programa de doutoramento: Análise Económica e Estratexia Empresarial
    Fecha:  7 de febreiro de 2025

    El Tribunal Multipuertas y su contribución a las políticas públicas integrales de acceso a la justicia civil y mercantil
    Autoría: Marco Fandiño Castro
    Dirección: Esther María Pillado González
    Programa de doutoramento: Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica
    Fecha:  7 de febreiro de 2025

    Design of a new distributed Mist, Edge and Fog architecture in Beyond-5G environments for the Internet of Things
    Autoría: Juan José  López Escobar
    Dirección:  Felipe José Gil Castiñeira y Rebeca Pilar Díaz Redondo
    Programa de doutoramento:  Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
    Data:  3 de febreiro de 2025

    La tradición linera gallega y su empleo en la pintura española
    Autoría:  Andrea Fernández Arcos
    Dirección:   Laura Fuster López y Rocío Bruquetas Galán
    Programa de doutoramento:  Patrimonio Cultural
    Data:  3 de febreiro de 2025

    Modelaxe e simulación numérica de procesos térmicos industriais. Mellora do modelado termofluidodinámico do tratamento térmico de temple por inmersión
    Autoría:  Carlos Coroas Fombella
    Dirección:  Elena Beatriz Martín Ortega
    Programa de doutoramento: Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas
    Data:  3 de febreiro de 2025

    Cultivos de células en suspensión de Camellia spp. para la obtención de metabolitos secundarios de interés industrial
    Autoría:  Pilar Esteban Campos
    Dirección:  Efrén Pérez Santin  y J. Pedro Mansilla Vázquez
    Programa de doutoramento: Ecosistemas Terrestres, Uso Sustentable e Implicacións Ambientais
    Data:  3 de febreiro de 2025

    Contributions to the promotion and monitoring of healthy habits through gamification supported by blockchain technology
    Autoría: Juan López Barreiro
    Dirección: José Luís García Soidan y Luis Modesto Álvarez Sabucedo
    Programa de doutoramento: Creatividade e Innovación Social e Sostible
    Data:  3 de febreiro de 2025

    El comercio de vajillas finas en el noroeste de la Península Ibérica en época alto imperial a partir del estudio de las marcas de alfarero en terra sigillata
    Autoría: Nerea Ruanova Álvarez
    Dirección: Adolfo Fernández Fernández
    Programa de doutoramento: Protección do Patrimonio Cultural
    Data:  3 de febreiro de 2025

    Neurotoxic effects of glyphosate exposure in the striatum of rats: effects and mechanisms of action on dopamine release in vivo
    Autoría: María del Carmen Costas Ferreira
    Dirección: Lilian Rosana Ferreira Faro
    Programa de doutoramento: Neurociencia e Psicoloxía Clínica
    Data:  3 de febreiro de 2025

    Modulared Production Of Xilooligosaccharides Through Innovative Enzimatic Technologies For Food Applications
    Autoría: Andrea Rodríguez Sanz
    Dirección: 
    María Luísa Rúa Rodríguez e Clara Fuciños González
    Programa de doutoramento: Biotecnoloxía Avanzada
    Data:  3 de febreiro de 2025

     

    Defensas por videoconferencia

    As persoas interesadas en asisitir ás defensas de teses anunciadas por videoconferencia deberán solicitar o acceso, de acordo coas seguintes instrucións:

    • Dirección das teses
    • Coordinación do programa de doutoramento ao que se adscribe a tese
    • Dirección da Eido (eido.dir@uvigo.gal)


    Próximas lecturas

     

     

    A expropriação por utilidade pública em Portugal e Espanha. Em particular, os desafios jurídicos no campo da indemnização
    Autoría: Francisco Manuel Pires Urbano da Costa Calvão
    Dirección: Rafael Fernández Acevedo
    Programa de doctorado: Ordenación Xurídica do Mercado 
    13​​​​​/01​/2025 | 12:00 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

    On the Development of a Comprehensive Damage Prediction Algorithm for Mixed-Elastohydrodynamic Lubrication Conditions in High-Power Density Engines
    Autoría: Javier Blanco Rodríguez
    Dirección: Martí Cortada García e Jacobo Porteiro Fresco
    Programa de doctorado: Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade en Enxeñaría e Arquitectura
    13​​​​​/01​/2025 | 16:00 horas
    Lugar: Auditorio do CINTECX

    Literatura y música. El mito de Carmen
    Autoría: Leonardo Blanco Novoa  
    Dirección:  María del Carmen Becerra Suárez  
    Programa de doutoramento:  Estudos Literarios
    14/01/2025 | 11:00 horas
    Lugar:  Salón de Graos da Faculdade de Filoloxía e Tradución

    Un enfoque interdisciplinar para la gestión de las cadenas de suministro: decisiones financieras, cultura organizacional y políticas de sostenibilidad
    Autoría: Luis Manuel Lozano Lozano         
    Dirección: Antonio Sartal Rodríguez e Xosé Henrique Vázquez Vicente
    Programa de doutoramento: Análise económica e estratexia empresarial
    16/01/2025 | 10:30 horas
    Lugar:  Salón de Graos da Faculdade de Ciencias Económicas e Empresariais

    O proceso teatral no Teatro Comunitario
    Autoría: Irene Moreira Fontán
    Dirección: Carmen Luna Selles
    Programa de doutoramento: Estudos Literarios
    17​​​​​/01/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución

    Targeting epigenetic modifications and gene expression in pancreatic cancer: antitumoral effect of combined therapies
    Autoría: Immacolata Maietta
    Dirección: África González Fernández e Rosana Simón Vázquez
    Programa de doutoramento: Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
    20/01/2025 | 10:00 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias

    Retórica de los políticos españoles en Instagram
    Autoría: Dragana Djordjevic
    Dirección: Aurora García González e Beatriz Martínez Rodríguez
    Programa de doutoramento: Comunicación
    24​​​​​/01/2025 | 12:00 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade de Comunicación. Campus Pontevedra

    One genome for two body plans: genomewide functional genomic and transcriptomic approaches to understand the genetic bases of fish metamorphosis
    Autoría: Laura Guerrero Peña
    Dirección: Josep Rotllant Moragas e Paula Suárez Bregua
    Programa de doutoramento: Comunicación
    24​​​​​/01/2025 | 12:30 horas
    Lugar: Salón de Actos del IIM-CSIC, Bouzas (Vigo)

    Contribution to communication and radar technologies in automotive environments
    Autoría: Luis Antonio López Valcárcel        
    Dirección: Manuel García Sánchez
    Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
    24​​​​​/02/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

    Tendencias Brexit vs. Europa en J.K. Rowling, modelo de corpus de Análisis Crítico del Discurso Multisemiótico-Cultural para la Literatura y sus Adaptaciones
    Autoría: Maria Luz González Vinuesa        
    Dirección: Jorge Luis Bueno Alonso
    Programa de doutoramento: Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura
    28​​​​​/02/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución

    El Camino Oculto. Relación entre el pensamiento estético de Samuel Becket, Anton Webern y Piet Mondrian
    Autoría: Jesús Moares Lameiro        
    Dirección: María del Carmen Becerra Suárez
    Programa de doutoramento: Estudos Literarios
    07​​​​​/03/2025 | 11:30 horas
    Lugar: Salón de Graos Facultade de Filoloxía e Tradución

    An indicator-driven softwareto prevent terrorist attacks
    Autoría: Alberto Caballero Díez         
    Dirección: Samantha Newbery
    Programa de doutoramento: Xestión e Resolución de Conflitos. Menores, Familia e Xustiza Terapéutica
    10​​​​​/03/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Sala de Videoconferencia D102- Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

    TREK channels and their physiological role in intracardiac ganglion neurons
    Autoría: Ana Campos Ríos
    Dirección: José Antonio Lamas Castro e Patricia Isabel Rodrigues Monteiro
    Programa de doutoramento: Neurociencia e Psicoloxía Clínica
    14​​​​​/03/2025 | 10:00 horas
    Lugar: Salón de Graos Facultade de Bioloxía

    Peregrinações post-seculares: análise da procura turística do Caminho Português Interior de Santiago (CPIS)
    Autoría: Pedro Ricardo Coelho de Azevedo
    Dirección: María Elisa Alén González e Xosé Xerardo Pereiro Pérez
    Programa de doutoramento: Turismo
    14​​​​​/03/2025 | 11:30 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

    Natural pigments recovery from bio-residues: widening the range of safe food colorants
    Autoría:  Adriana Katherine Molina Vargas
    Dirección:  Lillian Barros Bouçada e Carla Susana Correia Pereira
    Programa de doutoramento: Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
    07​​​​​/04/2025 | 09:00 horas
    Lugar: Novo salón de graos Edificio Ciencias Experimentais.Facultade Ciencias do Mar

    Valorisation of bioactive compounds from Solanaceae crop by-products into novel nutraceutical ingredients
    Autoría:  Mikel Añibarro Ortega
    Dirección:  Lillian Barros Bouçada y José Virgilio Santulhão Pinela
    Programa de doutoramento: Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria
    07​​​​​/04/2025 | 12:00 horas
    Lugar: Novo salón de graos Edificio Ciencias Experimentais.Facultade Ciencias do Mar

    Ecosistema de herramientas inteligentes para brindar soporte en el diagnóstico e intervención dentro del aprendizaje en la escritura de niños con necesidades educativas especiales
    Autoría: Luis Serpa Andrade        
    Dirección: Yolanda Blanco Fernández e Martín López Nores
    Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

    10​​​​​/04/2025 | 15:30 horas
    Lugar: Videoconferencia

    Bacterial inactivation dynamics and their relationship with ntimicrobial resistance
    Autoría: Adrián Pedreira Bar
    Dirección: Miriam Rodríguez García e Xosé Antón Vázquez Álvarez
    Programa de doutoramento: Biotecnoloxía Avanzada
    10​​​​​/04/2025 | 12:000 horas
    Lugar: Videoconferencia
    ​​​​

    La ergonomía y la inclusión laboral de personas sordas
    Autoría: Luz América Martínez Álvarez
    Dirección:  María Ángeles Cancela Carral y Antonia Blanco Pesqueira
    Programa de doutoramento:  Creatividade e Innovación Social e Sostible
    11​​​​​/04​/2025 | 10:30 horas
    Lugar: Videoconferencia

    Modelo de desarrollo sustentable vinculado al apiturismo en la provincia del Carchi, Ecuador
    Autoría:  Marilyn Gabriela Herrera Jiménez
    Dirección:  María Ángeles Cancela Carral  y Rosa María Ricoy Casas
    Programa de doutoramento: Creatividade e Innovación Social e Sostible
    11​​​​​/04/2025 | 15:00 horas
    Lugar: Videoconferencia

    Street Art as a vehicle of social innovation: The case study of Porto
    Autoría: Sara Pinto Bastos Rodrigues
    Dirección:Ana Belén Fernández Souto e Clara Maria Laranjeira Sarmento e Santos
    Programa de doutoramento: Creatividade e Innovación Social e Sostible
    14​​​​​/05/2025 | 11:30 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade de Comunicación

    Campus saludable desde la perspectiva de la vida activa, saludable y sustentable para la formación integral de futuros profesionales titulados de la Universidad Austral de Chile
    Autoría: Vanessa del Pilar Obando Casanova
    Dirección:  José María Pazos Couto
    Programa de doutoramento:  Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable
    23​​​​​/04​/2025 | 10:00 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

    Advances on the Control of Multiphase AC Drives Under Converter Overmodulation
    Autoría: Martín Damián Medina Sánchez
    Dirección: Jesús Doval Gandoy e Alejandro Gómez Yepes
    Programa de doutoramento: Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria
    25​​​​​/04​/2025 | 11:30 horas
    Lugar: Salón de Graos da Facultade da Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Campus

    De la pantalla a lo tangible. Una deriva actual de la inmaterialidad en la obra artística
    Autoría: Marcos Alberto Covelo Pérez
    Dirección: Antonio María Bandera Vera
    Programa de doutoramento: Creación e Investigación en Arte Contemporánea
    25​​​​​/04​/2025 | 11:30 horas
    Lugar: Sala reunións departamento Escultura - Facultade Belas Artes

    Gestión del agua acorde a los estándares internacionales de acceso al agua para consumo humano en Ecuador
    Autoría: Gloria María Eloisa Roldán Reascos
    Dirección: Laura Movilla Pateiro e María de la Concepción Pérez Lamela
    Programa de doutoramento: Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
    28​​​​​/04​/2025 | 16:30 horas
    Lugar: Videoconferencia

    Temporal and environmental analysis of maternal effects on Sebastes fasciatus productivity and its impact on recruitment in Flemish Cap
    Autoría: Francisco González Carrión
    Dirección: Juan Francisco Saborido Rey
    Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
    30​​​​​/04​/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Instituto de Investigaciones Mariñas 

    Data quality for optimum research vs. sustainable corporate development
    Autoría: Vítor Manuel da Silva Alves
    Dirección:  Florentino Fernández Riverola y Jorge Manuel Ferreira Barbosa Ribeiro
    Programa de doutoramento:  Sistemas de Software Intelixentes e Adaptables
    07​​​​​/05​/2025 | 16:00 horas
    Lugar: Videoconferencia

    Evolución de la escultura contemporánea en España. Cuerpo, Afecto y Materialidad
    Autoría: Andrea Davila Rubio
    Dirección: Francisco Javier Tudela Sáenz de Pipaón
    Programa de doutoramento: Creación e Investigación en Arte Contemporánea
    16​​​​​/05​/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Sala de reunións departamento de Escultura

    Generación de conocimiento en mercados financieros dinámicos con supervisión
    Autoría: Óscar Barba Seara
    Dirección: Francisco Javier González Castaño y Milagros Fernández Gavilanes
    Programa de doutoramento: Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
    22​​​​​/05​/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Salón de Graos Escola Enxeñaría de Telecomunicación

    Estructura y Diversidad de la Comunidad de Peces Mesopelágicos en el Océano Atlántico
    Autoría: Cristina López Pérez
    Dirección: María Pilar Olivar Buera  e Víctor Manuel Tuset Andújar
    Programa de doutoramento: Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión
    15​​​​​/05​/2025 | 10:00 horas
    Lugar: Videoconferencia

    Determinación y control de fósforo en aguas residuales
    Autoría: Adrián Cabo Cameselle
    Dirección: José Manuel Domínguez González
    Programa de doutoramento: Enxeñaría Química
    16​​​​​/05​/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Salón de Graos Escola Enxeñaría Industrial (Campus)

    Desarrollo de metodologías de análisis 3d y multiespectral para la gestión integrada de incendios forestales y patrimonio (paleointerfaz)
    Autoría: Ana Solares Canal
    Dirección: Julia Armesto González e Juan Picos Martín
    Programa de doutoramento: Protección do Patrimonio Cultural
    30​​​​​/05​/2025 | 11:00 horas
    Lugar: Salón de Actos Escola Enxeñaría Forestal

     

    Consulta a base de datos de teses de doutoramento

    Consulta TESEO

     

    Preguntas frecuentes sobre teses

    Non, debe reflectir o ámbito temático da tese, pero poderá modificarse durante o desenvolvemento da tese sempre que respecte o citado ámbito temático. A súa modificación implicará a modificación do Plan de investigación e será necesaria a valoración positiva da persoa que titorice ou dirixa a tese (perfil autorizado) e pola Comisión Académica do Programa de doutoramento.

    Se a dedicación é a tempo completo, o máximo son tres anos (con prórroga de un ano e, excepcionalmente, dun ano adicional ata un máximo de cinco anos). Se é a tempo parcial, cinco anos (con prórroga de dous anos e, excepcionalmente, dun ano adicional ata un máximo de oito anos).
     

    A duración mínima dos estudos de doutoramento será, a tempo completo e a tempo parcial, de 18 meses, que se contarán desde a admisión do doutorando/a ata a presentación da solicitude do depósito da tese de doutoramento.
     

    Unha vez que estea en exposición pública, non poderán facerse modificacións.

    Non, as baixas por enfermidade non contabilizan. O/a doutorando/a poderá solicitarlle á CAPD a baixa temporal no programa por enfermidade, embarazo ou por calquera outra causa prevista na normativa vixente por un período máximo dun ano, ampliable ata un ano. 
     

    A defensa pública deberá realizarse nun prazo máximo de tres meses desde a autorización da defensa polo órgano designado pola escola de doutoramento (Comisión Permanente da EIDO), salvo causas debidamente xustificadas. Se se supera este prazo, deberán iniciarse de novo os trámites de autorización da tese para a súa defensa. 
     

    A proposta do tribunal correspóndelle á CAPD, despois de oír o director/a da tese (ou de ser o caso, o titor/a). Propoñerá unha relación de sete membros do tribunal que avaliarán a tese. A Comisión Permanente da Eido aprobará e nomeará un tribunal de cinco membros de entre os sete membros propostos pola CAPD. Estes membros cumprirán co criterio de paridade e de externalidade e a proposta non poderá incluír máis de dous membros por institución.

    No caso de teses presentadas por compendio de publicacións, non poderán formar parte do tribunal os/as coautores/as das publicacións. Aplícase o mesmo se algún dos capítulos está baseado nun artigo xa publicado como anexo á tese. Tampouco poderá formar parte do tribunal a persoa responsable da estadía.
     

    A tese debe incluír un mínimo de tres artigos de investigación, publicados ou con aceptación definitiva para a súa publicación. Os artigos deben estar editados en revistas indexadas na listaxe do ámbito correspondente do Journal Citation Reports (SCI e/ou SSCI). Nas áreas en que non sexa aplicable este criterio, poderá substituírse polas bases relacionadas pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) para estas áreas.
     

    O profesorado dos corpos docentes universitarios poderá formar parte dos tribunais de teses de doutoramento aínda que estean en situación de excedencia, xubilación, servizos especiais ou en comisión de servizos.

    A lei determina que as teses deben publicarse en aberto. Non obstante, en caso de conflito, existe a posibilidade de solicitar o aprazamento da publicación da tese en aberto. Nas teses por compendio de artigos non existe este problema porque os traballos xa foron aceptados previamente para a súa publicación e así se fai constar ao publicar a tese.
     

    Si, é posible sempre e cando se cumpran todos os requisitos establecidos para cada unha delas. A empresa na que se traballa ten que estar de acordo en que o/a doutorando/a realice unha estadía de investigación de polo menos tres meses nun centro estranxeiro.
     

    Si, enviando una solicitude de preinscrición por cada un dos programas solicitados. En caso de ser admitido en varios, a matrícula só poderá realizarse nun deles.
     

    Poderán dirixir teses de doutoramento todas as persoas doutoras españolas ou estranxeiras con experiencia investigadora acreditada, sempre e cando estean autorizadas pola Comisión Académica do Programa de doutoramento. No caso de que non pertenza ao programa (consultar os recursos humanos en cada Programa de doutoramento),deberá ter un/unha titor/a dentro do programa.
     

    Si, sempre que a Comisión Académica o autorice, por motivos xustificados, oídos o doutorando e o director/a ou codirectores/as
     

    TESEO é unha base de datos coa a información das teses de doutoramento. A páxina do Ministerio de Educación está creada para permitirlles ás persoas que se doutoren no futuro, introducir os datos da súa tese no sistema. O sistema controlará os distintos pasos polos que pasa a tese e, unha vez aprobada esta, quedará almacenada no sistema para poder ser consultado dende Internet.

    É a persoa que, sendo director ou titor dun doutoramento, se encarga de dar traslado á aplicación informática e de xestionar as distintas actividades achegadas polo alumnado para o seu documento de actividades e o plan de investigación. 
     

    A tese poderá ser codirixida por un máximo de dúas persoas, sempre que concorran razóns académicas, de interdisciplinaridade ou sexa desenvolvida en colaboración nacional ou internacional. Á codirección necesita autorización da CAPD.
     

    Soamente nos casos de teses en cotutela ou doutoramento industrial.

    Non temos formulario. Cada institución emite o seu informe nun documento onde ten que vir claramente identificada a universidade ou o organismo de investigación que o emite mediante o seu anagrama ou logotipo, unha descrición da tese e a sinatura e selo da institución. Eses informes deben estar en español, galego ou inglés para que o poidan entender os e as avaliadoras.