Olimpíadas do saber
As olimpíadas do saber son competicións de carácter local, nacional e/ou internacional. O seu obxectivo é, por unha banda, difundir o coñecemento de diferentes disciplinas (matemáticas, física, química, bioloxía, xeoloxía, economía, historia…) entre o alumnado de niveis non universitarios e, por outra, fomentar o intercambio científico entre estudantes e docentes de diferentes provincias, comunidades autónomas e países.
Coa participación nas olimpíadas búscase:
- Fomentar o desenvolvemento do talento e a excelencia entre o estudantado.
- Impulsar o interese pola investigación humanística, científica e tecnolóxica.
Máis información sobre as olimpíadas
- Olimpíada Española de Bioloxía
Facultade de Bioloxía - Olimpíada Galega de Historia: Fai Historia con nós
Facultade de Historia - Olimpíada de Física
Facultade de Ciencias do Mar - Olimpíada de Xeoloxía
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía - Olimpiada Informática Galega
Escola Superior de Enxeñaría Informática - Olimpíadas de Teleco
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación - Olimpíadas de Economía
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo - Olimpíadas da Creatividade
Campus CREA
Axudas para a organización das olimpíadas do saber
Desde a Universidade de Vigo queremos promover e dinamizar a organización de olimpíadas científicas e académicas. Por isto convocamos axudas dirixidas ás escolas e ás facultades para organizar estas competicións entre o estudantado xove co fin de estimular nel o estudo e incentivar a adquisición de actitudes e de competencias científicas, tecnolóxicas, lingüísticas, humanísticas e/ou sociais.
Máis información:
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586
estudantes@uvigo.gal