As desigualdades, os comportamentos machistas, a misoximia ou as violencias de xénero presentes na sociedade analóxica teñen tamén o seu reflexo na contorna virtual, en moitas ocasións replicando estas actitudes e, noutras, xerando os seus propios códigos. Para comprender as súas claves, a Universidade de Vigo acaba de publicar o libro Hackeamos o patriarcado. Unha análise do machismo dixital, o terceiro volumen da Colección Feminismos en colaboración coa editorial Galaxia.
26/09/2024