Ao finalizar a ESO, as e os estudantes deberían saber identificar unha parada cardíaca, alertar os servizos de emerxencias, iniciar as manobras de reanimación, usar un desfibrilador e saber actuar cando unha persoa se atragoa. Esta é unha das conclusións extraídas por investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela (USC) nun estudo no que analizan os reais decretos que desenvolven curricularmente a LOMLOE.
17/10/2024