Diversidade afectivo-sexual e de xénero

Xeados de xeo de diversas cores

O obxectivo deste espazo é sensibilizar e fomentar actividades que xeren conciencia e cambio social, fortalecendo a voz do colectivo LGTBIQA+ da Universidade de Vigo a través de accións que favorezan a súa participación na comunidade universitaria.

Parte da sociedade actual, lonxe de superar a fobia cara á diversidade afectivo-sexual e de xénero, manifesta actitudes discriminatorias e un medo irracional a relacionarse coas persoas que non conforman o modelo heteronormativo tradicional. Polo tanto, para garantir unha resposta unánime que garanta os dereitos e respecto pola liberdade sexual e de xénero das persoas, a UVigo articula unha serie de estratexias e de propostas que sirvan de base para establecer unha convivencia na que se concrete a oportunidade para a transformación e a participación inclusiva de todas as persoas.

Protocolo para cambiar de nome e de xénero de uso común das persoas trans e intersexuais

Este protocolo é o instrumento que garante o dereito das persoas transexuais, transxénero e intersexuais da comunidade universitaria a usar o nome e o xénero co que realmente se identifican nos procedementos internos da Universidade de Vigo cando non coincida cos de uso legal.

Publicacións e recursos

Actos de visibilización e xornadas

 

Unidade de Diversidade

Edificio Ernestina Otero, 3.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 647 343 033
maito:infodiversidade@uvigo.gal
Luns e venres, de 8.00 a 14.30 h

 

Edificio de Facultades, soto
As Lagoas
32004 Ourense
+34 647 343 033 | 988 387 107
maito:infodiversidade@uvigo.gal
Martes, mércores e xoves, de de 8.00 a 14.30 h