Ordenadores antigos con tecnoloxía innovadora. Iso é o que ofrece o Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade, GRUVI, ás entidade sen ánimo de lucro, dentro dunha iniciativa de doazón de material informático en desuso. Trátase de así recuperar equipos que, para o traballo diario da institución quedan obsoletos, pero que para outro tipo de finalidades están aínda en boas condicións.
Este programa, posto en marcha no curso 2005-2006 dende a Oficina de Voluntariado e Integración, foi crecendo con forza tanto na cantidade de material recollido como no número de solicitudes por parte das asociacións. O obxectivo é ofrece unha segunda oportunidade a este material desbotado dotándoo con programas de software libre, que inclúen un sistema operativo, conexión a internet e aplicacións ofimáticas.
21/02/2008